Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 4 de decembro de 2002, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-136-CD/63, conta 908 e dous máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30.1º do texto refundio de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a seguir se relacionan os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten sen pagar e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do Regu

lamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presentaren os documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, o 4 de decembro de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Alfonso e Carmen López Varela e outra.

Expediente C-136-CD/63 (desafiuzamento F.P. 79/02).

Conta: 908.

R/ Camelias, bloque 34, P-11, 4º D, Barrio das Flores (A Coruña).

Importe débeda: 383,04 euros.

-Mercedes Rodríguez Bregua e herdeiros.

Expediente C-136-CD/63 (desafiuzamento F.P. 83/02).

Conta: 1337.

R/ Pensamientos, bloque 42, P-8, 8º esqda., Barrio das Flores (A Coruña).

Importe débeda: 320,72 euros.

-Juan M. Moure López e herdeiros.

Expediente C-3-IV/75 (desafiuzamento F.P. 86/02).

Conta: 145.

R/ Touro, nº 14-1º A, Polígono de Vite (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 17.904,12 euros.