Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 770/2002 e dous máis.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a seguir, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución na Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 770/2002.

Acta inf. nº 1347/2002.

Empresa: Ricardo Martínez González.

NIF/DNI: 52440264.

Enderezo: r/ La Guardia, 50 (Narón).

Materia: obstrucción.

Proposta de sanción: 1.502 A.

Resumo da acta de infracción:

Por correo certificado con aviso de recepción remítese citación á empresa para que compareza na Inspección de Traballo o día 3-7-2002 achegando diversa documentación. O interesado recibiu a comunicación pero non compareceu. Remítese de novo para comparecer en data 17-7-2002, data na que tampouco comparece.

Vulnérase o artigo 50.2º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Falta grave en grao medio, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 50, 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 849/2002.

Acta inf. nº 1603/2002.

Empresa: Mundo Novias, S.L.

NIF/DNI: B-36701829.

Enderezo: r/ Real, 9 baixo (A Coruña).

Materia: traballo.

Proposta de sanción: 300,52 A.

Resumo da acta de infracción:

Efectúanse comprobacións administrativas relativas á contratación da traballadora María Ángeles

Rodríguez Galán por parte da empresa da referencia. Compróbase que se contratou sucesivamente a traballadora utilizando modalidades contractuais de duración determinada, sen solución de continuidade e sen causa que o xustificase.

Vulnérase o artigo 15 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 7.2º e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 909/2002.

Acta inf. nº 1165/2002.

Empresa: Purificación González Gómez.

NIF/DNI: 32786454-T.

Enderezo: Orillamar, 14-2º (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.502,54 A.

Resumo da acta de infracción:

En visita realizada á obra de construcción sita en Tarabelo, 90 (Sada), comprobouse que o traballador Manuel Suárez Senra realizaba traballos subido a unha plataforma de madeira instalada entre dúas estadas metálicas tubulares, sen ningún tipo de protección colectiva. A altura á que se atopaba o traballador estímase en 7 metros aproximadamente.

Vulnéranse os artigos 3 a), 5 b), parte C, anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.16º f) e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Documentos obrantes nos expedientes:

-Actas de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 11 de decembro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña