Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación de estatutos da Federación Gallega de la Construcción.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 26 de novembro de 2002, a acta da asemblea xeral, expedida polo secretario da devandita federación, Eugenio Corral Álvarez, avalada co visto e prace do presidente, na que se reflicten os acordos

acadados na reunión que tivo lugar en Santiago de Compostela o día 21 de marzo de 2002, e que consisten no traslado do domicilio social á rúa Senra, nº 21, 2º de Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2002.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral Relacións Laborais