Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores na orde social 725/2002 e tres máis.

Non sendo atopados nos domicilios coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a seguir, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándolles que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolles que, de non ser interposto en

tempo e forma, disporán dun (1) mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23-11-2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: 725/2002.

Acta nº: 672/2002.

Titular: Cocoba, S.L.

NIF/DNI: B-15173016.

Enderezo: Travesía Meicende, 63, Arteixo.

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 13-11-2002.

Resolución: declarar caducado o expediente.

Feitos: co obxecto de investiga-lo accidente sufrido por Manuel Vallo Sánchez, constatouse a utilización dun equipamento de traballo sen as proteccións obrigatorias; ademais a empresa carecía da preceptiva avaliación de riscos e da correspondente planificación preventiva e de concertación do servicio de prevención.

Vulnéranse os artigos 14 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e os artigos 3 e 4 do Real decreto 1215/1997, en relación co seu anexo I -apdo. 8-.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artículos 12.16º e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 738/2002.

Acta nº: 780/2002.

Titular: Alberto Garrido Martínez.

NIF/DNI: 13064955-N.

Enderezo: Curros Enríquez, 29, esc. 2-1º D-O Grajal, Cambre.

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 13-11-2002.

Resolución: sanción por importe de 1.902,54 A.

Feitos: en visita de data 25-4-2002 á obra de construcción sita en Montrove (Oleiros), constatouse que a estada na que traballaban a unha altura de 3 metros aproximadamente non tiña proteccións colectivas de ningún tipo e presentaba risco de derriba. Ademais, non tiñan á súa disposición cascos de seguridade, existindo risco de lesións na cabeza.

Vulnéranse os artigos 3 a) e 5 a), b), parte C, anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro; artigos 242, 206, 207 e 221 da O.M. do 28-8-1970; e artigos 3 dos anexos I, III e IV o artigo 1 do Real decreto 773/1997, do 30 de maio, en relación co artigo 17.2º da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Tipificación: dúas faltas, unha grave en grao mínimo, e outra leve en grao mínimo, tipificadas e sancionables de acordo cos artigos 12.16º f) e 11.4º, 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 761/2002.

Acta nº: 789/2002.

Titular: Aparcamientos Serviparga, S.L.

NIF/DNI: B-15681281.

Enderezo: Ronda de Outeiro, 246, A Coruña.

Materia: traballo.

Data resolución: 18-11-2002.

Resolución: sanción por importe de 300,52 A.

Feitos: requirida á empresa para presentar determinada documentación, non se presenta nin xustifica a ausencia. Revisado o contrato dun traballador obsérvase que se celebrou «por acumulación de tarefas», non especificando as que son.

Vulnéranse os artigos 3.2º do Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, que desenvolve o artigo 15 do ET.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 7.2º e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 762/2002.

Acta nº: 790/2002.

Titular: Aparcamientos Serviparga, S.L.

NIF/DNI: B-15681281.

Enderezo: Ronda de Outeiro, 246, A Coruña.

Materia: obstrucción.

Data resolución: 18-11-2002.

Resolución: sanción por importe de 300,52 A.

Feitos: con data 22-4-2002 deixouse citación á empresa no centro de traballo sito na praza de Galicia (A Coruña), para que presentase determinada documentación laboral. Chegada a data sinalada, non se presenta nin xustifica a súa ausencia.

Vulnérase o artigo 50.2º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 50.2º e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

A Coruña, 12 de decembro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña