En sesión que tivo lugar o día 10 de decembro de 2002, o tribunal A, designado pola Orde do 14 de novembro de 2002 para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de profesores do INEF de Galicia (acceso libre), acordou convocar a tódolos concursantes que superaron a fase de concurso á primera proba da fase da oposición o día 27 de xaneiro de 2003 ás 10 horas na sala de xuntas
do INEF de Galicia, avda. de Che Guevara nº 121 de Bastiagueiro-Oleiros, de acordo co establecido na base II.1.2 da convocatoria.
Bastiagueiro-Oleiros, 10 de decembro de 2002.
Domingo Bello Janeiro
Presidente do tribunal A