Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 137

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2002, do tribunal A, designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de profesores do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia (acceso libre), convocado por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 7 de agosto de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia número 160, do 21 de agosto, pola que se fai pública a valoración dos méritos alegados por cada concursante na fase de concurso.

En sesión que tivo lugar o día 10 de decembro de 2002, o tribunal A, designado pola Orde do 14 de novembro de 2002 para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de profesores do INEF de Galicia (acceso libre), procedeu á valoración dos méritos alegados polos concursantes. A puntuación provisional atópose publicada no taboleiro de anuncios do INEF de Galicia.

Os concursantes poderán formular alegacións contra esta puntuación no prazo de dez días contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Bastiagueiro-Oleiros, 10 de decembro de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Presidente do tribunal A