Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 137

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2002, do tribunal B, designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de profesores do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia (acceso libre), convocado por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 7 de agosto de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia número 160, do 21 de agosto, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de realización da primeira proba da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 10 de decembro de 2002, o tribunal B, designado pola Orde do 14 de novembro de 2002 para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de profesores do INEF de Galicia (acceso libre), acordou convocar a tódolos concursantes que superaron a fase de concurso á primera proba da fase da oposición o día 27 de xaneiro de 2003 ás 10 horas na sala de xuntas do INEF de Galicia, avda. de Che Guevara nº 121 de Bastiagueiro-Oleiros, de acordo co establecido na base II.1.2 da convocatoria.

Bastiagueiro-Oleiros, 10 de decembro de 2002.

Jorge Teijeiro Vidal

Presidente do tribunal B