En sesión que tivo lugar o día 10 de decembro de 2002, o tribunal B, designado pola Orde do 14 de novembro de 2002 para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de profesores do INEF de Galicia (acceso libre), procedeu á valoración dos méritos alegados polos concursantes. A puntuación provisional atópose publicada no taboleiro de anuncios do INEF de Galicia.
Os concursantes poderán formular alegacións contra esta puntuación no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Bastiagueiro-Oleiros, 10 de decembro de 2002.
Jorge Teijeiro Vidal
Presidente do tribunal B