Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 123

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 27 de decembro de 2002 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia 2/2002, convocado pola Orde do 19 de xuño de 2002.

Convocado o concurso 2/2002 pola orde desta consellería do 19 de xuño de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 119, do 21 de xuño, corrección de erros no Diario Oficial de Galicia nº 125, do 1 de xullo), modificada pola Orde do 24 de xuño de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 121, do 25 de xuño), e á vista da proposta de adxudicación de vacantes ós participantes no concurso, elevada pola comisión de valoración número un, mediante acordo adoptado na correspondente sesión, esta consellería, de conformidade co previsto nas bases VI.2 e VI.6 da convocatoria,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente o concurso 2/2002, adxudicándolles ós/ás funcionarios/as que se relacionan nos anexos I e II os postos de traballo que se especifican neles, tanto da primeira fase do concurso como da fase de resultas.

Segundo.-De conformidade co disposto no Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e na base VIII da convocatoria do concurso, a toma de posesión dos/as funcionarios/as que obtiveran un posto de traballo como consecuencia da resolución do concurso efectuarase nos prazos establecidos no artigo 14 do citado regulamento, computándose éstes a partir do día 13 de xaneiro de 2003.

Contra esta orde que pon fin á vía administrativa poderase interpor recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

Relación de consellerías (correspóndense cos dous primeiros caracteres do código do posto).

AG - POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

AS - ASUNTOS SOCIAIS

CU - CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ED - EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

EF - ECONOMÍA E FACENDA

EM - EMIGRACIÓN E COOPERACIÓN EXTERIOR

FA - FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

IC - INDUSTRIA E COMERCIO

MA - MEDIO AMBIENTE

OT - POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

PE - PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

PR - PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

SA - SANIDADE

XU - XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS