Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 96

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 11 de novembro de 2002 pola que se fixan os prezos de venda ó publico de diversas publicacións da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir ese mandado e despois de emitido preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO I

-Diccionario de artes de pesca de España y sus posesiones. PVP: 72,12 euros.

-Manual de política pesquera (tomos I e II) en castelán. PVP: 45,07 euros.

-Manual de política pesqueira (tomos I e II) en galego. PVP: 45,07 euros.

-A pesca profesional e a súa técnica. PVP: 12,02 euros.

-La pesca profesional y su técnica. PVP: 12,02 euros.

-La pesquería de sepia con trasmallos en la ensenada de San Simón. PVP: 6,01 euros.

-A pesqueira do choco con trasmallos na ensenada de San Simón. PVP: 6,01 euros.

-A pesca da balea en Galicia nos séculos XVI e XVII. PVP: 11,41 euros.

-La guerra de la sardina: 15,02 euros.

-A guerra pola sardiña: 15,02 euros.

-Os señores do mar: 15,02 euros.

-A Vida no Mar Salgado (Colección que comprende os seguintes títulos: Centola, Eu son Carme, Eu son Antón, Eu son Ana, Mexillón, Polbo, Camarón, Ourizo, Percebe, Peixe Sapo, Eu son Brais, Rodaballo, Xurelo): 15 euros.