Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 95

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 354/2002, do 19 de decembro, polo que se acepta a título gratuíto a doazón dun servidor informático con destino ó Hospital do Meixoeiro.

A empresa Hewlett Packard Española, S.A. ofrece a doazón ó Servicio Galego de Saúde do activo que se detalla a continuación, con destino ó Hospital do Meixoeiro:

-Un servidor informático 9000 server, marca H.P. k370, modelo A3663B, cun valor de 11.060,874 A.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e presidente do Servicio Galego de Saúde, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de decembro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acepta-la doazón do seguinte material:

-Un servidor informático 9000 server, marca H.P. k370, modelo A3663B, cun valor de 11.060,874 A, doado pola empresa Hewlett Packard Española, S.A.

Artigo 2º

O activo acéptase segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da Comunidade Autónoma e destinarase ó Hospital do Meixoeiro, de acordo coa vontade do doante.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, dezanove de decembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade