Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 94

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2002 pola que se convocan axudas do Programa de Promoción Xeral de Investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica correspondente ó ano 2003.

A orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 1 de abril de 2002 aprobou as bases polas que se rexen as axudas correspondentes ás accións do Programa de Promoción Xeral de Investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica. No artigo 7º desta orde establécese que as ditas bases teñen vixencia ata a finalización do PGIDIT 2002-2005, e que anualmente a Consellería

da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública procederá a publicar unha resolución que reabra o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados a estas.

Na súa virtude, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Establecer como prazo de presentación de solicitudes para as axudas correspondentes ás accións do Programa de Promoción Xeral de Investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, exercicio 2003, o período comprendido desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG ata o 10 de febreiro de 2003, asignándose a cada

unha delas os créditos que a continuación se especifican, se ben todos eles poderán incrementarse

en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos:

Segundo.-As bases polas que se rexerán estas axudas son as recollidas na Orde do 1 de abril de 2002 xa ctiada. Non obstante, para as axudas establecidas no anexo IV da citada orde, relativas a equipamento de infraestructura de investigación e bibliotecaria, no caso de solicitudes que correspondan a centros de investigación dependentes da Xunta de Galicia que sexan seleccionados pola comisión de selección (ver último parágrafo do punto 4 do dito anexo), establécese un importe máximo de 600.000 euros e as adquisicións correspondentes realizaranse con cargo á aplicación 04.06.432A.628.0, cofinanciada con fondos FEDER da UE, dos orzamentos do ano 2003.

Terceiro.-A presente convocatoria tramítase polo procedemento de gastos anticipados ó abeiro do establecido na orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de gastos, tendo en conta as modificacións da orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000.

Cuarto.-Os modelos oficiais de solicitudes: PXI-01, PXI-02, PXI-03, PXI-04, PXI-05, PXI-06, PXI-07, PXI-08, PXI-09, PXI-10 (dos que as caras externas se publican como anexos X, XI, XII, XIII, XIV, XV, XVI, XVII, XVIII, XIX, respectivamente, da Orde do 1 de abril de 2002, antes citada), estarán ó dispor dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, e na Internet nos enderezos: http://www.sxid.org, http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm o http://www.cesga.es/sxid.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública