Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 93

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de decembro de 2002, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

O volume de xestión administrativa e económica que xera a ampliación de actividades externas e da iniciativa privada coordenadas polo Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais fan necesaria unha modificación da actual relación de postos de traballo do dito organismo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do de dezanove de decembro de dous mil dous, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezanova de decembro de dous mil dous, relativo á modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública