Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 91

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de decembro de 2002, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

A entrada en vigor do Decreto 342/2002, do 28 de novembro, polo que se modifica o Decreto 403/2001, do 28 de decembro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior, fai necesaria a modificación da relación de postos de traballo existente, atendendo a criterios de eficacia e co obxecto de mellora-la organización administrativa e a prestación dos servicios.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de decembro de dous mil dous adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aproba-la relación de postos da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coa motivación que se especifica, os seguintes

CógigoDenominaciónMotivación

EM.C03.00.002.15770.001Subdirector/a xeral de Comunidades GalegasArtigo 6 da orde da Consellería da
EM.C03.00.002.15770.006Serv. Rexistro Comunidades Galegas e Trami. AxudasPresidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública
EM.C04.00.001.15770.021Servi. Planif., Seguim. e Avaliación Coop. Exteriordo 21 de novembro do 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro). Postos de confianza

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de decembro de dous mil dous, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública