Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 84

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2002 pola que se anuncia concurso para adxudica-la subministración de dúas cisternas asfálticas.

Obxecto e tipo de licitación: subministración de cisternas asfálticas relacionadas nos dous lotes que se citan, conforme as características técnicas e demais detalles que figuran no expediente.

Lote nº 1.

Tipo de cisterna: unha cisterna asfáltica (cisterna nutriz de 25.000 litros útiles e 28 m de volume total) para o parque de maquinaria.

Orzamento: 73.949,69 euros.

Lote nº 2.

Tipo de cisterna: unha cisterna asfáltica (cisterna nutriz de 12.000 litros útiles e 14 m de volume total) para o parque comarcal de Gondomar.

Orzamento: 38.945,58 euros.

Plicas: durante os quince días naturais a partir do anuncio no BOP.

Fianzas: provisional do 2% do orzamento de licitación e a definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Contratación da Deputación. Teléfono: 982 80 41 01.

Pontevedra, 19 de decembro de 2002.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado