Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 84

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2002 pola que se anuncia concurso para o aluguer de maquinaria e vehículos e subministración de materiais.

Obxecto e tipos de licitación: contratación para o ano 2003 dos seguintes:

33 lotes de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte, por un total global de 660.900 euros.

20 lotes para subministración de materiais (emulsións, áridos, aglomerados, pintura, etc...), por un total global de 1.315.586 euros.

As características peculiares e a documentación para participar no concurso figuran no expediente que se atopa no Servicio de Contratación da deputación.

Plicas: durante os quince días naturais a partir do anuncio no BOP.

Fianzas: a definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Contratación da deputación. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 19 de decembro de 2002.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado