Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 84

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2002 pola que se anuncia concurso para a contratación de diversas obras.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación por procedemento aberto, mediante concurso, das obras:

1. Piscina municipal en Ribadumia: 198.152,35.

2. Pavillón polideportivo en Ribadumia: 381.554,57.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: grupo C; subgrupos 1, 2, 3, 4, 6, 7, 8 e 9; categoría d.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 19 de decembro de 2002.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado