Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 83

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALDOVIÑO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación do Concello de Valdoviño, en sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de novembro de 2002, tomou coñecemento do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal presentado polo equipo redactor, que servirá de orientación para a redacción do devandito plan, e acordou, de conformidade co preceptuado no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, abrir un período de información pública polo prazo de dous meses, que contará a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que consideren oportuno.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Valdoviño, 19 de decembro de 2002.

José Antonio Rodríguez Fernández

Alcalde