Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 83

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno municipal, en sesión de data 12 de decembro de 2002 aprobou o prego de condicións técnicas e económico-administrativas que rexerán a venda polo procedemento restrinxido e de poxa de parcela de titularidade municipal de 5.923 m no lugar das Gándaras de Prado-Budiño, que se expón ó público durante un prazo de 8 días contados a partir do día seguinte ó da inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, acórdase a apertura do procedemento de adxudicación e a convocatoria da licitación, que se

aprazará canto resulte necesario no suposto de que se presenten reclamacións contra o prego de condicións.

Procedemento: restrinxido e de poxa.

Prazo de presentación de solicitudes de participación: 10 días contados a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Tipo de licitación: 213.583,38 euros, IVE non incluído mellorables á alza.

Os interesados poderán consultar o expediente na secretaría da corporación en horas hábiles de oficina.

O Porriño, 12 de decembro de 2002.

Xosé Manuel Barros González

Alcalde