Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 83

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

Con data do 9 de decembro de 2002, o alcalde do Concello do Porriño aprobou inicialmente a modificación puntual do número 4 do Plan parcial do polígono da Granxa, mediante decreto que ten a seguinte parte dispositiva.

1. Aprobar inicialmente a modificación puntual nº 4 do Plan parcial da Granxa.

2. Somete-lo expediente a información pública por un prazo dun mes mediante publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia nun dos xornais da maior circulación da provincia.

3. Suspendelo procedemento de outorgamento de licencias de parcelación, edificación e demolición nos ámbitos obxecto de modificación do planeamento.

En cumprimento do disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública por un prazo dun mes, para os efectos de que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que estimen convenientes. O expediente atópase na secretaría da corporación para a súa consulta en horas hábiles de oficina.

O Porriño, 10 de decembro de 2002.

Xosé Manuel Barros González

Alcalde