Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 82

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno municipal, en sesión de data 12 de decembro de 2002, aprobou o prego de condicións técnicas e económico-administrativas que rexerán a venda polo procedemento restrinxido e de poxa de dúas parcelas de titularidade municipal de 2.164,72 m e 626,42 m no lugar das Gándaras de Prado-Budiño, o que expón ó público durante un prazo de 8 días contados a partir do día seguinte ó da inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, acórdase a apertura do procedemento de adxudicación e a convocatoria da licitación que se aprazará cando resulte necesario, no suposto de que se presente reclamación contra o prego de condicións.

Procedemento: restrinxido e de poxa.

Prazo de presentación de solicitudes de participación: 10 días contados a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Tipo de licitación:

Lote 1: 116.247,61 euros, IVE non incluído mellorable á alza.

Lote 2: 33.638,75 euros, IVE non incluído mellorables á alza.

Os interesados poderán consulta-lo expediente na secretaría da corporación en horas hábiles de oficina.

O Porriño, 3 de decembro de 2002.

Xosé Manuel Barros González

Alcalde