Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 83

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2002 relativa á convocatoria para prover dous postos de axentes da policía local.

O BOP de Ourense nº 285, do 13 de decembro de 2002, publica integramente a convocatoria e bases de proceso selectivo para prover, mediante o sistema de oposición libre, dous postos de axentes da policía local vacantes no cadro funcionarial deste concello.

Os escritos nos que se solicite participar neste proceso selectivo poderán ser presentados durante o prazo de vinte días naturais seguintes a aquel en que a convocatoria apareza no BOE.

Xinzo de Limia, 19 de decembro de 2002.

José Antonio Feijó Alonso

Presidente