Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 82

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

ANUNCIO.

Advertido un erro na publicación do anuncio do expediente de contratación da obra do F.C.L. de 2002: Pavimentación acceso a Pusmazán 2ª fase, publicado no DOG nº 239 do 12 de decembro; é necesario realiza-la seguinte corrección na páxina 17.129 onde di: «..., e anúnciase a convocatoria do concurso para devandita contratación:», debe dicir: «..., e anúnciase a convocatoria mediante poxa para a devandita contratación:».

A data límite para a presentación de documentación será o décimo terceiro día natural seguinte á data de publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG (o último que aconteza).

Carballeda de Valdeorras, 17 de decembro de 2002.

Mª Carmen González Quintela

Alcaldesa