Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 82

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CORCUBIÓN

ANUNCIO de rectificación de erros.

En aplicación do establecido no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Pleno da Corporación Municipal do Concello de Corcubión en sesión ordinaria celebrada o día 7 de novembro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Rectificar e, por conseguinte, resolve-lo erro material producido na ficha individual de edificios e soares consistente na anotación do recadro como parte do catálogo de bens de interese cultural do edificio situado na rúa de Castelao nº 1 correspondente a Couzada nº 28, parcela 01, incluída no Plan especial de protección e reforma interior do conxunto histórico artístico da vila de Corcubión aprobado definitivamente o 9 de abril de 1991 pola Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña e publicado no BOP nº 164/1991, do 19 de xullo.

Segundo.-Aproba-la ficha individual de edificios e soares referida no punto anterior co contido que se recolle no documento anexo unha vez realizada a rectificación.

Terceiro.-Proceder á publicación deste acordo no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Comunica-la rectificación aprobada á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dando traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo con tódolos documentos que o integran debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

O citado acordo pon fin á vía administrativa polo que contra este pode interpoñerse recurso de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que

dictou o acto, conforme o previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, se non quere exerce-lo dereito a presenta-lo recurso potestativo de reposición mencionado, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, órgano xurisdiccional competente, conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Corcubión, 25 de novembro de 2002.

Rafael J. Mouzo Lago

Alcalde-presidente