Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 81

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

Faise público que a parroquia de San Lorenzo de Agrón-Ames, está a tramitar autorización para ampliación do cemiterio da dita parroquia, polo cal se expón o público o proxecto de ampliación durante o prazo de quince días, contados a partir do día seguinte o da derradeira publicación deste anuncio no BOP, ou no DOG, co obxecto de que os interesados poidan consultalo e formula-las alegacións que coiden oportunas.

O proxecto poderá se consultado na Secretaría do Concello de Ames, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas.

Ames, 16 de decembro de 2002.

José Astray Lorenzo

Alcalde