Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 81

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

No BOP da Coruña número 284, correspondente ó día 12 de decembro de 2002, aparece publicada a convocatoria para a contratación laboral fixa, polo sistema de concurso-oposición libre, dunha praza de arquitecto técnico, encadrada na escala de Administración especial,subescala técnica, pertencente ó grupo B.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOE ou no DOG.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria faranse públicos unicamente cando proceda en cada caso, no BOP da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Ames.

Ames, 25 de abril de 2002.

José Astray Lorenzo

Alcalde