Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 81

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2002, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área da Coruña) pola que se fai pública a adxudicación definitiva do expediente CP-OR 2/2002.

A Dirección-Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área da Coruña), en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) da Consellería de Sanidade, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de contratos coas administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Xerencia de Atención Primaria, Paseo General Sir John Moore, nº 2, 15001 A Coruña.

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de aparellos de diagnóstico básico.

c) Lote: 3.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 180, do 18 de setembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 82.370 A (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 14 de novembro de 2002.

b) Contratista:

Lote 1: Galmedic, S.L.

Total adxudicado: 29.450 A

Lote 2: Galmédica, S.L.

Total adxudicado: 25.270 A

Lote 3: Siemens, S.A.

Total adxudicado: 27.100 A

A Coruña, 14 de novembro de 2002.

Luis Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol