Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 61

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de decembro de 2002 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso a categorías correspondentes ó grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no Decreto 255/2002, do 30 de xuño, polo que se modifica a oferta de emprego público, no sentido de ampliar diversas prazas de corpos, escalas e categorías da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, aprobada polo Decreto 200/2002, do 6 de xuño (DOG nº 153, do 9 de agosto), esta consellería, en uso das competencias que lle atribúe o artigo 10 do IV Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, dispón convocar proceso selectivo para o acceso a postos de persoal laboral vinculados ó Plan de Consolidación de Empre

go Público 2000, 2001 e 2002 da Consellería de Medio Ambiente, con suxeición ás seguintes:

Bases de convocatoria

Primeira.-Normas xerais.

1. Convócase proceso selectivo para o acceso ás categorías do grupo V que figuran no anexo I desta convocatoria.

2. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, segundo redacción dada pola Lei 4/1991, do 8 de marzo, e co Decreto 200/2002, do 6 de xuño, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002 (DOG nº 113, do 13 de xuño), do total de prazas reservarase, se é o caso, en cada categoría o número de prazas que constan no citado anexo I, para seren cubertas por persoas con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%.

No suposto de que tales prazas non sexan cubertas por persoas coa minusvalidez correspondente, pasarán a integrarse nas restantes prazas correspondentes ó acceso libre.

3. As prazas convocadas repártense territorialmente, segundo a distribución contida no anexo I.

O aspirante necesariamente, fará constar na súa solicitude o ámbito polo que opta, que deberá ser un dos comprendidos no anexo I, segundo a categoría de que se trate, o cal será vinculante para a obtención do destino, no caso de resultar aprobado. Os aspirantes só poderán participar nun só ámbito por cada categoría.

4. Dentro do respectivo ámbito xeográfico a adxudicación das prazas ós aspirantes que superaron o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida, segundo a petición de destino e á vista dos postos de traballo vacantes convocados.

Non poderá formalizarse un número maior de contratos có de prazas convocadas en cada ámbito xeográfico.

Os contratos dos traballadores temporais que desempeñen interinamente as prazas convocadas rescindiranse no momento de formalizarse as dilixencias dimanadas dos contratos formalizados ó abeiro desta convocatoria.

5. As prazas sen cubrir en cada ámbito xeográfico non poderán acumularse ás de ningún outro ámbito.

6. O proceso selectivo constará das seguintes fases: fase de oposición e fase de concurso, coas probas, puntuacións e méritos que se detallan na base sexta.

7. O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura no anexo II desta convocatoria.

8. Este proceso selectivo seralle aplicable o disposto no anexo V do IV Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia e demais normativa de aplicación.

Segunda.-Requisitos dos candidatos.

Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

1. Requisitos comúns para tódolas quendas de acceso:

a) Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional do Reino de Noruega ou nacional da República de Islandia.

Tamén poderán participa-lo cónxuxe, ascendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europea, de Noruega ou de Islandia, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

Este último beneficio será igualmente de aplicación ós familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

b) Ter cumpridos os dezaoito anos e non ter alcanzado a idade de xubilación.

c) Estar en posesión ou en condicións de obte-la titulación ou experiencia requirida conforme o determinado nos puntos A.1, B.1 e C.1 do anexo V do IV Convenio Colectivo Único, e demais requisitos que para cada categoría figuran no anexo III.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión do documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

f) Aboa-la taxa por dereitos de exame, salvo o previsto no número 1 da base terceira para os discapacitados.

2. Reserva para discapacitados.

Os aspirantes desta quenda, ademais dos requisitos xerais, deberán ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ó 33%, conforme a normativa vixente.

Esta condición deberá ser acreditada, xunto coa súa solicitude, xuntando, así mesmo, certificación expedida polos órganos competentes da Administración competente sobre compatibilidade coas funcións da categoría á que se opte, conforme o contido funcional que figura no anexo V do IV Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

3. Tódolos requisitos enumerados nesta base deberán posuírse no día de finalización do prazo para a presentación de solicitudes e terán que manterse ata o momento da toma de posesión como laborais fixos da Xunta de Galicia.

Terceira.-Solicitudes.

1. Os que desexen tomar parte neste proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia (anexo IV) que será facilitada nas dependencias da Admi

nistración da Xunta de Galicia ás que se fai referencia no número 2 desta base.

Á instancia axuntáraselle a seguinte documentación:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade.

b) Xustificante de ter aboado os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente ou, se é o caso, copia cotexada da declaración de minusvalidez, para os efectos da exención prevista no parágrafo noveno desta base e do disposto no número 2 da base primeira e no número 2 da base segunda.

c) Así mesmo, os aspirantes con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán presentar certificación de compatibilidade, conforme o indicado no número 2 da base segunda.

d) Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar neste proceso deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo de nacional de outro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán xunta-la declaración xurada ou promesa de que non está separado de dereito de seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive a expensas ou está ó seu cargo.

e) Certificación e documentación á que se refire a base sexta, número 3, de conformidade co indicado nos números 3.6 e 3.7 da referida base.

Por imperativo legal, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe que corresponda segundo a lexislación vixente e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para isto o impreso de autoliquidación sinalado no anexo VII. Este impreso seralles facilitado ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo VII. Estarán exentos do pagamento da taxa por dereito de inscrición os que posúan unha discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá ser acreditada documentalmente xunto coa solicitude, presentando orixinal ou copia compulsada da cualificación da minusvalidez.

A non presentación deste anexo, no que figurará o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude (anexo IV).

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, despois dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución á que fai referencia o número 2 da base cuarta.

2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no das súas dele

gacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do día 7 de xaneiro de 2003, e dirixiranse á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

As solicitudes asinadas no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.

Para calquera aclaración ou información adicional os interesados poderán pórse en contacto telefónico, no número 902 12 00 12, das 9 ás 19 horas, de luns a venres e das 9 ás 14 horas os sábados.

3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria. Todo isto é conforme o contido do disposto na Lei 13/1982, do 7 de abril, e no artigo 4 do Decreto 200/2002, do 6 de xuño, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas da Administración xeral.

Estes requisitos tamén os deberán cumprir, se é o caso, os aspirantes con minusvalideces con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%, a que se refire a base primeira no seu número 2. Tales aspirantes terán que declarar expresamente nas solicitudes que posúen a condición de discapacidade anteriormente citada, especificando o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente.

En ningún caso as adaptacións solicitadas desvirtúan o contido das probas de valoración da aptitude dos aspirantes.

4. No recadro indicado para tal efecto na instancia (anexo IV) deberá indicarse o ámbito polo que se opta para participar no proceso selectivo.

A elección do ámbito territorial correspondente vincula durante todo o proceso selectivo.

Serán excluídos os aspirantes que non fixeran constar expresamente na súa solicitude o ámbito xeográfico no que participan, segundo a categoría á que opten, conforme a distribución territorial prevista no anexo I.

Os que teñan a condición de laborais temporais de natureza interina na categoría á que optan, se non enchen este recadro, entenderase que optan polo ámbito onde radica a praza que desempeñan interinamente, polo que non serán excluídos por esta causa.

Os aspirantes non encadrados no parágrafo anterior que omitan a referencia ó ámbito territorial polo que optan, segundo a categoría de que se trate, non poderán reparar esta omisión.

5. Os erros de feito que puideran advertirse poderán rectificarse en calquera momento, de oficio ou por petición do interesado.

6. En todo caso, o tribunal reservará para si o dereito de esixir que se acredite convenientemente a existencia, ou non, de calquera requisito de participación dos aspirantes, en calquera momento anterior á resolución definitiva do concurso-oposición.

7. A consignación de datos falsos na instancia ou na documentación achegada polos aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

8. O domicilio que figure na instancia considerarase como o único válido para os efectos de notificación, sendo responsabilidade exclusiva do aspirante tanto o erro na súa consignación como a comunicación á Dirección Xeral da Función Pública de calquera cambio nel.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

1. Rematado o prazo de presentación de instancias, a Dirección Xeral Función Pública dictará resolución, que se publicará no DOG así como nos lugares determinados pola normativa vixente e na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que se atoparán expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número do documento nacional de identidade.

2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poderen corrixir, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto, a estimación ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderase implícita na resolución pola que se publique a lista definitiva.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

3. O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante esta orde. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivar da súa participación neste procedemento.

Quinta.-Tribunal.

1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura no anexo VIII.

A composición e requisitos dos membros do tribunal é a prevista no artigo 11 do IV Convenio Colectivo Único.

2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes á probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non atoparse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas nesta base.

3. Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas no número 2 desta base.

4. Logo de convocatoria do presidente, constituirase o tribunal, coa asistencia do presidente e do secretario, ou de quen os substitúan, e a metade, alomenos, dos seus membros, titulares e suplentes.

A realización da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da súa designación e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

A partir da sesión de constitución, o tribunal requirirá para actuar validamente a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes. Por acordo dos membros, o tribunal poderá acorda-la autoconvocatoria para a seguinte ou seguintes sesións, sen necesidade de citación por escrito ós seus membros.

5. Correspóndenlle ó tribunal as funcións relativas á determinación concreta do contido das probas e á cualificación dos aspirantes, fixando o nivel de coñecementos esixido para a superación da fase de oposición e determinando os criterios para a valoración dos méritos acreditados en tempo e forma.

6. Cando as circunstancias así o aconsellen, o tribunal poderá acorda-la celebración de determinados exercicios da fase de oposición en varias localidades, simultaneamente ou non, segundo proceda. Neste caso, os aspirantes serán convocados para a realización do mencionado exercicio na localidade correspondente.

7. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

8. Corresponderalle tamén ó tribunal:

-Resolve-las dúbidas que poidan xurdir na aplicación destas bases, así como o que deba facerse nos casos non previstos.

-Mediante anuncio público no DOG e demais anuncios correspondentes, fixa-lo lugar, a data e a hora de celebración do primeiro exercicio.

-Velar polo adecuado funcionamento de todo proceso, adoptando tódalas decisións que correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

-Eleva-la proposta definitiva de aprobados.

9. Por cada sesión do tribunal levantarase acta que se autorizará coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

10. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de cantos asesores especialistas considere convenientes, limitándose os ditos asesores a prestaren a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. Os devanditos asesores deberán posuír titulación de igual ou superior nivel á esixencia nesta convocatoria. A designación de tales asesores deberá comunicárselle á la Dirección General de la Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

11. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos nos que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidade, sen que se vulnere o principio de igualdade, gocen de similares condicións para a realización dos exercicios ás dos restantes participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base terceira, número tres, as adaptacións posibles para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polo persoal da categoría á que opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

12. O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen en forma escrita, sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aqueles candidatos con exercicios nos que figuren marcas ou signos que permitan coñece-la identidade do opositor.

Todo o anterior faise sen prexuízo do previsto na alínea 2.1.a) da base sexta.

13. O tribunal que actúa nestas probas selectivas terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

O número máximo de sesións do tribunal será fixado por resolución da Dirección Xeral da Función Pública, podendo só ampliarse o seu número por causa xustificada e por parte desta dirección xeral.

14. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superou o proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

15. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, aquel resolverase a favor do aspirante que obtivera a puntuación máis alta no primeiro exercicio, e se isto non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva.

De persisti-lo empate, resolverase acudindo á puntuación obtida na fase de concurso e atendendo ó orde dos méritos segundo figura na base sexta, número 3. Se aínda así persistira o empate, este resolverase aplicando a orde alfabética establecida no punto 1º da base 7ª.

16. As comunicacións que formulen os aspirantes ó tribunal dirixiranse á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano. Santiago de Compostela).

Sexta.-Proceso de selección.

1. O sistema de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición.

O proceso selectivo constará de dúas fases: fase de oposición e fase de concurso.

A fase de concurso será valorada unicamente ós aspirantes que superen a fase de oposición.

En ningún caso poderá aplicarse a puntuación obtida na fase de concurso para supera-la fase de oposición.

Os programas que rexerán as probas selectivas son os que figuran para cada categoría no anexo II.

2. Fase de oposición:

2.1. Exercicios de acceso.

2.1.a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 20 preguntas tipo test, máis tres de reserva, con respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultado do sorteo de entre os elaborados por aquel, e que versará sobre o contido xeral e específico do programa correspondente a cada categoría, así como sobre aspectos prácticos, segundo a categoría de que se trate. A porcentaxe máxima de preguntas correspondentes á parte xeral do temario será do 20% do total de preguntas.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será de dúas (2) horas.

Con carácter excepcional e en casos especiais debidamente apreciados polo tribunal, poderá admitirse a realización deste exercicio de forma oral.

Cada opositor poderá obter copia do exercicio realizado ó seu remate.

No prazo das vintecatro horas seguintes ó da celebración faranse públicas no lugar de realización do exercicio as respostas correctas.

Este exercicio calificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 10 puntos, correspondéralle ó tribunal determina-lo número de respostas correctas esixido para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

2.1.b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre os propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre os propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha (1) hora.

Este exercicio cualifícase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obte-la cualificación de apto.

Os resultados publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

Estarán exentos da realización deste segundo exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de iniciación de galego. Tal acreditación poderá presentarse ata 5 días antes da realización deste exercicio.

2.2. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis do nº 2 e goma de borrar para a realización do primeiro exercicio, así como de bolígrafo para efectuaren a segunda proba.

2.3. Os exercicios celebraranse a porta cerrada sen outra asistencia cá dos aspirantes, membros do tribunal e os colaboradores determinados por este.

3. Fase de concurso:

Na fase de concurso, que só se aplicará a quen superase a fase de oposición, valoraranse os seguintes méritos:

3.1. Experiencia profesional:

3.1.1. Polo exercicio da categoría profesional á que se opta na Xunta de Galicia desde ó 1 de xaneiro de 1995: 0,10 puntos/mes.

3.1.2. Polos servicios prestados correspondentes a outras categorías profesionais de persoal laboral vinculadas ós Servicios de Defensa contra Incendios Forestais, Montes e Industrias Forestais, Conservación da Natureza e Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán desde ó 1 de xaneiro de 1995: 0,02 puntos/mes.

3.1.3. Polos servicios prestados na categoría á que se opta noutras administracións públicas desde ó 1 de xaneiro de 1995: 0,02 puntos/mes.

3.1.4. Polos servicios prestados na categoría á que opta na empresa privada desde ó 1 de xaneiro de 1995: 0,01 puntos/mes.

A puntuación máxima deste número 3.1 será de 6,60 puntos.

3.2. Circunstancias persoais:

3.2.1. Por ter residencia habitual, cunha antigüidade de alomenos 12 meses nun concello integrado no ámbito ó que se opte, segundo a categoría de que se trate: 1,20 puntos.

Esta circunstancia ten que ser acreditada por certificación do padrón municipal de habitantes, expedida polo secretario do concello correspondente.

3.2.2. Por desempeño dun posto de traballo integrado no ámbito ó que se opta, durante alomenos 6 meses consecutivos: 1,20 puntos.

A puntuación máxima deste epígrafe será de 1,20 puntos.

3.3. Formación profesional.

Por cada curso directamente relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta e impartidos por organismos oficiais dependentes da Administración pública ou homologados pola EGAP:

-Ata 25 horas: 0,02 puntos.

-De 26 a 50 horas: 0,04 puntos.

-De máis de 50 horas: 0,06 puntos.

Se non se acredita a duración entenderanse de ata 25 horas.

A puntuación máxima alcanzable neste epígrafe 3.3 será de 0,20 puntos.

3.4. A puntuación obtida na fase de concurso non poderá supera-los 8 puntos, sumados os epígrafes 3.1, 3.2 e 3.3 anteriores.

No suposto de que o aspirante non xunte á instancia presentada a titulación requirida ou experiencia achegada como requisito para o acceso á categoría de que se trate, o tribunal procederá a desconta-la experiencia requirida para o acceso á dita categoría na valoración do epígrafe 3.1, conforme o indicado no anexo III.

3.5. Os méritos enumerados nos epígrafes 3.1, 3.2 e 3.3 deberán referirse ó último día do prazo de presentación de solicitudes, determinado na base terceira.

3.6. Os méritos recollidos no epígrafe 3.1 desta base deberán acreditarse mediante certificado, segundo o modelo que figura como anexo VI, que se axuntará á instancia que se presente.

As certificacións deberán ser expedidas polas seguintes unidades:

-Servicios centrais:

-Secretario/a xeral, subdirector/a xeral ou xefes de servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral da última consellería onde prestou ou estivera a presta-los servicios, ou dos seus organismos autónomos.

-Servicios periféricos:

-Secretarios/as ou, se é o caso, funcionario/a responsable da área de persoal das delegacións/direccións territoriais, provinciais ou comarcais da última consellería onde prestou ou estivera a presta-los servicios, ou dos seus organismos autónomos.

-Outras administracións públicas ou empresas privadas.

O responsable de persoal respectivo.

Xunto co certificado (modelo do anexo VI) xuntarase documentación acreditativa dos méritos nel reflectidos. Os documentos que se deberán achegar no caso de servicios prestados na Xunta de Galicia, noutras administracións públicas e no caso de empresas privadas (apartados 3.1.3 e 3.1.4 base sexta) deben ser

necesariamente: copia compulsada de/dos contrato/s orixinario/s acompañada de informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Non se terán en conta as certificacións que non se axusten ó establecido nos epígrafes anteriores.

En calquera caso será necesario xuntar documentación acreditativa dos méritos reflectidos na certificación.

3.7. Os méritos a que se refiren os epígrafes 3.2 e 3.3 desta base deberán xuntarse á instancia, mediante copias cotexadas por órgano competente.

3.8. As puntuacións obtidas na fase de concurso faranse públicas con posterioridade á publicación das cualificacións do último exercicio da fase de oposición.

Os aspirantes disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da relación provisional, para alegaren as rectificacións que estimen oportunas respecto á puntuación outorgada na fase de concurso.

Sétima.-Desenvolvemento dos exercicios.

1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra S, de conformidade co establecido na resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 27 de febreiro de 2002 pola que se publica o resultado do sorteo ó que se refire o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002 (DOG nº 47, do 6 de marzo).

2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal, coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza, salvo nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

4. Unha vez comezado o proceso selectivo, a publicación dos anuncios de celebración do segundo e restantes exercicios, segundo corresponda, será efectuada polo tribunal nos locais onde se celebrase o primeiro, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con corenta e oito horas, polo menos, de antelación á sinalada para a súa iniciación. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde se celebrase este e nalgún outro medio se se xulga conveniente con doce horas, polo menos, de antelación.

5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivera coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos por esta convocatoria, despois da audiencia do interesado, deberá acorda-la súa exclusión, se procede.

Contra tal acordo poderá interpoñerse recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Se o tribunal, de oficio o en función das reclamacións que os interesados poidan presentar nos dous días hábiles seguintes á realización do exercicio, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas no exercicio, anunciarao publicamente no Diario Oficial de Galicia. Contra tal acordo poderá interporse recurso conforme o indicado no punto anterior.

Oitava.-Lista de aprobados.

1. A cualificación final do proceso selectivo virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase de oposición e na fase de concurso, en cada ámbito territorial.

En caso de empate observarase o disposto no número 15 da base quinta.

2. Concluído o proceso selectivo, o tribunal publicará no Diario Oficial de Galicia, no lugar ou lugares de celebración do último exercicio e naqueles outros que estime conveniente, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Así mesmo, conforme a orde de prelación outorgada polas puntuacións obtidas e ata o número de prazas convocadas en cada ámbito territorial, o tribunal chamará o número aspirantes aprobados acorde co número de plazas á realización dunha proba de recoñecemento médico, conforme o previsto no anexo III, na que se acredite que non padecen ningunha enfermidade nin defecto físico, psíquico ou sensorial que lles impida ou limite para o exercicio normal das funcións propias da categoría de que se trate.

Os aspirantes deberán ser declarados aptos no recoñecemento para poderen figurar na proposta de aprobados.

No suposto de que algún dos aspirantes non alcance o recoñecemento de apto ou non compareza, decaerá en tódolos seus dereitos e o tribunal efectuará chamamento do seguinte que corresponda no ámbito territorial por orde de puntuación e procederá de igual forma que nos epígrafes anteriores.

3. Rematado o proceso anterior, o presidente do tribunal elevará á autoridade convocante a proposta de aprobados polos ámbitos territoriais correspondentes a cada categoría, ordenada de maior a menor polas puntuacións alcanzadas e conforme o número de prazas convocadas en cada ámbito territorial, segundo as categorías de que se trate.

4. Con carácter excepcional, poderase renunciar á participación no proceso selectivo ata a data na que o tribunal eleve a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Novena.-Presentación de documentos e nomeamento.

1. Por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública elevarase a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo, publicándose no DOG, e a partir da dita publicación computarase o prazo de 20 días para que os ditos aspirantes presenten na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada polo órgano competente (servicios de Persoal, se é o caso, rexistros xerais

ou fedatarios públicos) do título esixido na base segunda e anexo III ou certificación académica que acredite ter realizados tódolos estudios para a obtención do título ou, se é o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico ou certificación acreditativa expedida polos responsables indicados no número 3.6 da base sexta relativa á posesión do requisito de experiencia profesional nos termos recollidos no anexo III.

b) Fotocopia compulsada por órgano competente (no sentido indicado na alínea anterior) relativa á posesión de carné de conducir nos termos recollidos no anexo III.

c) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas, conforme o modelo recollido no anexo V.

d) Deberá presentarse certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base segunda, alínea d).

e) Os aspirantes con minusvalideces con grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán acreditar tal condición, se obtiveran praza, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Servicios Sociais e, se é o caso, da Administración correspondente.

A Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública requirirá, respecto das persoas que acceden por esta cota de reserva, dictame do órgano competente sobre a compatibilidade do candidato, coas funcións propias da categoría á que accede.

2. Os que dentro do prazo fixado, salvo os casos de forza maior libremente apreciada pola Dirección Xeral da Función Pública, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base segunda, non poderán ser nomeados persoal laboral e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

3. Se algún candidato non presentara a documentación no prazo previsto no número 1 desta base, a Dirección Xeral da Función Pública requirirá o seguinte candidato do respectivo ámbito territorial, séndolle de aplicación o disposto nesta base.

4. Rematado o proceso selectivo e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os aspirantes que o superen serán nomeados persoal laboral da Xunta de Galicia na categoría que corresponda mediante resolución do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que se publicará no DOG, de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo.

5. De acordo co disposto no artigo 12.2.3) do IV Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, na resolución pola que se publique a proposta definitiva de aprobados en cada ámbito e categoría poderán incluírse os postos vacantes que se lles oferten, con indicación dos requisitos para o seu desempeño.

Décima.-Adxudicación de prazas.

1. A adxudicación de destinos realizarase necesariamente dentro do ámbito territorial polo que o aspirante concorreu, segundo a categoría de que se trate e de acordo coa orde de puntuación obtido no dito ámbito.

2. Quen, como consecuencia da súa participación nestes procesos selectivos, accedera á condición de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia en máis dunha categoría, unicamente poderá participar na fase de adxudicación de prazas nunha soa categoría, quedando en situación de excedencia voluntaria na categoría ou categorías restantes nas que alcanzou a citada condición de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Undécima.-Procedemento de resultas.

1. Se, como consecuencia da adxudicación establecida na base anterior, aínda existiran prazas vacantes non adxudicadas, a Dirección Xeral da Función Pública pedirá ó presidente do tribunal proposta complementaria de aprobados, conforme a orde de prelación outorgada polo proceso selectivo e ata o número de prazas que quedaran vacantes en cada ámbito territorial, segundo a categoría de que se trate.

2. Con carácter previo á elevación da proposta anterior, ós aspirantes afectados seralles de aplicación o previsto nos números 2 e 4 da base oitava.

3. Pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública elevarase a definitiva a proposta complementaria anterior, séndolle de aplicación o previsto na base novena.

4. A adxudicación das prazas incluídas no procedemento de resultas efectuarase conforme o determinado no número 1 da base décima.

Duodécima.-Norma final.

Contra esta convocatoria, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Os actos administrativos que deriven desta convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal conforme o previsto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

ANEXO I

Ámbitos territoriais e prazas vacantes grupo V

CategoríaÁmbito territorialVacantes

quenda

libre

Vacantes

quenda

minusválidos

Total

vacantes

ámbitos

Total

vacantes

categoría

Celador 2ª/Provincia A Coruña26127

vixilante recursosProvincia Lugo25126

naturais (9)Provincia Ourense1616

Provincia Pontevedra33134

Total:1003103

Peón forestal (10 f)Provincia A Coruña28129

Provincia Lugo1717

Provincia Ourense25126

Provincia Pontevedra32133

Total:1023105

Vixilante fixoProvincia A Coruña2222

defensa contraProvincia Lugo27128

incendiosProvincia Ourense26127

forestais (10 b)Provincia Pontevedra22123

Total:973100

EmisoristaProvincia A Coruña26127

defensa contraProvincia Lugo27128

incendiosProvincia Ourense26127

forestais (10 c)Provincia Pontevedra2323

Total:1023105

Peón defensaProvincia A Coruña1405145

contra incendiosProvincia Lugo1976203

forestais (14)Provincia Ourense2206226

Provincia Pontevedra1244128

Total:68121702

Peón-conductorProvincia A Coruña57259

defensa contraProvincia Lugo39140

incendiosProvincia Ourense43144

forestais (14 a)Provincia Pontevedra24125

Total:1635168

ANEXO II

Temario grupo V

Parte común a tódalas categorías

Tema 1. A Constitución Española: título preliminar e título primeiro. O convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia: especial referencia ó anexo V.

Parte específica

Grupo: V, categoría: 9. Celador 2ª/vixilante recursos naturais.

Tema 1. A conservación da natureza en Galicia. Os espacios naturais protexidos. A rede Natura 2000 en Galicia. Técnicas de mellora do hábitat. Alteracións. Medidas de restauración do hábitat.

Tema 2. Lexislación piscícola xeral. Especies piscícolas galegas. Métodos e artes de pesca. Avaliación das poboacións piscícolas. Idade e crecemento. Densidade de poboación. Mortandade. Producción.

Tema 3. Lexislación cinexética xeral. Especies de caza maior e menor. Sistemas de caza. Especies protexidas en Galicia.

Tema 4. Informes. Denuncias. Actas. Toma de mostras. Valoracións danos.

Grupo: V, categoría: 10 f. Peón forestal.

Tema 1. Ferramentas e maquinaria máis utilizada en plantacións forestais e granxas cinexéticas.

Tema 2. Plantas máis utilizadas nas pobacións forestais en Galicia. Formas e marco de plantación.

Tema 3. Labores que se realizan nas piscifactorías e granxas cinexéticas. Principais alimentos nelas. Labores que se realizan nos viveiros forestais.

Tema 4. Normas de seguranza no traballo. Equipo de protección persoal. Orde e limpeza nos locais de traballo.

Grupo: V, categoría: 10 b. Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais.

Tema 1. A defensa contra incendios forestais en Galicia. Os distritos forestais. A rede de radio e as comunicacións terrestres e aéreas.

Tema 2. Conceptos básicos de topografía. Orientación sobre o terreo. Os ventos dominantes. Tipos de fumes, cor, intensidade e vento.

Tema 3. Lume forestal e o seu comportamento. O seguimento dos lumes no seu campo de visión.

Tema 4.A transmisión de alarmas. A transmisión de instruccións. Partes periódicos.

Grupo: V, categoría 10 c. Emisoristas defensa contra incendios forestais.

Tema 1. A defensa contra incendios forestais en Galicia.

Tema 2. Os centros de coordinación. Organización e toma de datos. Funcionamento do 085.

Tema 3. A rede de radio. Os canais simplex. Os canais duplex e semiduplex. Transmisión de alarmas. Transmisión de instruccións ponte de comunicacións. A comunicación cos medios aéreos.

Tema 4. O parte de incendios. Os índices de risco. Cálculo de probabilidade de ignición é indice de perigo.

Grupo: V, categoría 14. Peón defensa contra incendios forestais.

Tema 1. A defensa contra incendios forestais en Galicia. Os distritos forestais. A rede de radio. O manexo dos equipos de comunicación. A recolla inicial de datos. A recolla de datos ó remate do lume. A trasmisión de datos dun lume.

Tema 2. O lume forestal e o seu comportamento. Accións básicas de extinción. Ataque directo e indirecto. O remate dos lumes.

Tema 3. A prevención de incendios. Accións de prevención. Ferramentas de ataque e prevención. A maquinaria lixeira. O equipamento na loita contra incendios.

Tema 4. A seguranza persoal e a prevención de accidentes.

Grupo: V, categoría 14 a. Peón conductor defensa contra incendios forestais.

Tema 1. A defensa contra incendios forestais en Galicia. Os distritos forestais. A rede de radio. O manexo dos equipos de comunicación. A recolla inicial de datos. A recolla de datos ó remate do lume. A trasmisión de datos dun lume.

Tema 2. A conducción dun vehículo todoterreo. A estiba das ferramentas. A conducción cara ó lume, aproximación e estacionamento do vehículo.

Tema 3. Lume forestal e o seu comportamento.O director de extinción. Accións básicas de extinción. Ataque directo e indirecto. A coordinación dunha cuadrilla de traballo. O remate dos lumes. A prevención de incendios. Accións de prevención. Ferramentas de ataque e prevención. Retardantes. O equipamento na loita contra incendios.

Tema 4. A seguranza persoal e a prevención de accidentes.

ANEXO III

Requisitos acceso

Grupo V

CategoríaTitulación/experiencia requiridaOutros requisitosRec. médico

Celador 2ª/vixilante recursos naturais (9)a) Certificado escolaridade ou equivalente ou

b) Experiencia 12 meses na Administración pública ou 24 na empresa privada nesta ou análoga categoría.

Carné conducir B-

Peón forestal (10 f)a) Certificado escolaridade ou equivalente ou

b) Experiencia 12 meses na Administración pública ou 24 na empresa privada nesta ou análoga categoría.

-

Vixilante fixo defensa contra incendios forestais (10 b)a) Certificado escolaridade ou equivalente ou

b) Experiencia en tres campañas de máximo risco completas (3 meses cada unha) desde o ano 1991, nesta ou análoga categoría.

X

Emisorista defensa contra incendios forestais (10 c)a) Certificado escolaridade ou equivalente ou

b) Experiencia en tres campañas de máximo risco completas (3 meses cada unha) desde o ano 1991, nesta ou análoga categoría.

-

Peón defensa contra incendios forestais (14)a) Certificado escolaridade ou equivalente ou

b) Experiencia en tres campañas de máximo risco completas (3 meses cada unha) desde o ano 1991, nesta ou análoga categoría.

X

Peón-conductor defensa contra incendios forestales (14 a)a) Certificado escolaridade ou equivalente ou

b) Experiencia en tres campañas de máximo risco completas (3 meses cada unha) desde o ano 1991, nesta ou análoga categoría.

Carné conducir B, cunha antigüidade mínima de dous anos.X

ANEXO VIII

Tribunal

Titulares:

Presidenta: Mª Lourdes Batán Aira, subdirectora xeral de Recursos Humanos e Coordinación Administrativa da Consellería de Medio Ambiente.

Vocais:-Pedro Pablo Iñiguez Alonso, funcionario da Xunta de Galicia.-Francisco Javier Zamora Andrade, funcionario da Xunta de Galicia.-Francisco Javier Turrillo Montiel, funcionario da Xunta de Galicia.-José Antonio Barreiro Rodríguez, en representación das organizacións sindicais.-Manuel Pena Santar, en representación das organizacións sindicais.

Secretario: Carlos Enrique Somoza Quintero, funcionario da Xunta de Galicia.

Suplentes:

Presidente: José Carlos Costas López, subdirector xeral de Defensa contra Incendios Forestais da Consellería de Medio Ambiente.

Vocais:-Teodoro Arribas Serrano, funcionario da Xunta de Galicia.-Antonio Martínez Cabrejas, funcionario da Xunta de Galicia.-Roberto Taracido Peiteado, funcionario da Xunta de Galicia.-José Emilio Doforno Guzmán, en representación das organizacións sindicais.-Serafín Otero Paredes, en representación das organizacións sindicais.

Secretario: Jaime Baltar Tojo, funcionario da Xunta de Galicia.