Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 72

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de arquivos, bibliotecas e museos, pola que se fan públicas as datas, as horas e os lugares de realización do cuarto exercicio do devandito proceso selectivo.

En sesión realizada o día 27 de decembro de 2002 polo tribunal desginado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de arquivos, bibliotecas e museos convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordou que os cuartos exercicios da fase de oposición para as tres seccións se realizarán nas seguintes datas:

1. Sección de museos: o día 16 de xaneiro de 2003, ás 16.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela.

2. Sección de arquivos: o día 17 de xaneiro de 2003, ás 16.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela.

3. Sección de bibliotecas: o día 18 de xaneiro de 2003, ás 10.30 horas, na aula 24 da Facultade de Económicas, sita na avenida Xoán XXIII, s/n en Santiago de Compostela.

Para a realización deste exercicio poderán servirse os opositores de textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo do tribunal.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2002.

Antonio Rodríguez Álvarez

Presidente do tribunal