Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 34

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2002 pola que se convoca o curso superior de xestión e disciplina urbanística.

Conforme os fins que lle asigna a este centro a normativa que o regula (Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo) a EGAP, en colaboración coa Revista de Derecho Urbanístico, convoca o curso superior de xestión e disciplina urbanística.

1. Obxectivo. Desde unha vertente xeral, e con particular incidencia desde a perspectiva da lexislación galega para adapta-las ensinanzas do contido do curso á singular realidade da nosa comunidade, preténdese afondar nos coñecementos tanto teóricos como prácticos de dúas pezas claves do urbanismo: a xestión, instrumento esencial para a súa materialización e, podería dicirse, para a súa propia exis

tencia, e a disciplina urbanística, medio non menos relevante e inescusable para asegurar un urbanismo eficaz e ordenado.

2. Contido. Desde unha visión teórico-práctica e de traballo en equipo, trataranse, entre outros, estes temas:

I parte: xestión, 92 horas lectivas.

-Panorama básico de dereito urbanístico actual: sistema de fontes. Efectos das sentencias do Tribunal constitucional 61/1997, do 20 de marzo, e 164/2001, do 11 de xullo.

-Tipoloxía das clases de solo. Efectos do Real decreto lexislativo 4/2000. Réxime xurídico do solo non urbanizable. Análise dos usos e construccións autorizables.

-Réxime xurídico do solo urbanizable. Distinción entre o solo urbanizable sectorizado e non sectorizado. Dereitos e deberes do propietario do solo urbanizable: o dereito de transformación.

-Características xurídicas do solo urbano: carácter regulado, formas de acceso, requisitos legais e xurisprudenciais e definición categoría de soar. Análise de interpretación xurisprudencial. Plans especiais de mellora do medio rural.

-Tipoloxía de planeamento urbanístico: xeral e de desenvolvemento. Relacións entre plans. O planeamento territorial e o planeamento urbanístico de Galicia. As figuras de planeamento na Lei do solo de Galicia.

-Réxime urbanístico do solo nos municipios sen planeamento xeral. O novo marco normativo na Lei do solo de Galicia.

-O novo marco xurídico e a súa incidencia na xestión urbanística. Efectos da STC 61/1997 nos instrumentos de xestión. Os mecanismos de equidistribución trala Lei 6/1998.

-Presupostos da execución do planeamento. Réxime xeral das actuacións sistemáticas. Configuración básica dos sistemas de actuación no ordenamento urbanístico. A elección do sistema de actuación. Análise de suposto práctico.

-Delimitación de áreas de repartición e outros ámbitos de equidistribución autonómicos. Cálculo dos aproveitamentos tipo e medio. Incidencia da Lei 6/1998 nas áreas de reparto e os aproveitamentos tipo no planeamento xeral non adaptado.

-A delimitación de unidades de execución: requisitos e procedemento. Especialidades da delimitación de unidades de execución en solo urbano. Análise de suposto práctico.

-Aspectos básicos do sistema de actuación por compensación. O proceso de constitución dunha xunta de compensación: novidades introducidas polas lexislacións autonómicas.

-Réxime xurídico dos estatutos e bases de actuación. Análise de suposto práctico.

-O proxecto de compensanción: contido e réxime xurídico. Análise de suposto práctico de proxecto de compensación.

-Responsabilidade da xunta de compensación e impugnación dos seus acordos. Competencia e réxime xurídico das entidades de conservación.

-Características xerais do sistema de actuación por cooperación. Estudio das peculiaridades autonómicas. Máximas de experiencia na práctica da cooperación.

-A execución da urbanización, contratación e custo.

-O proxecto de reparcelación: réxime xurídico e contido. Análise práctica dun proxecto de reparcelación.

-A execución urbanística a través do sistema de actuación por expropiación. Tramitación do procedemento e determinación do prezo xusto. Ocupación e inscrición no Rexistro da Propiedade. A reversión de terreos expropiados.

-Análise doutros sistemas de actuación autonómicos: a execución forzosa, o sistema de concerto, sistema de execución empresarial.

-Análise practica dun expediente de expropiación forzosa.

-Características xurídicas do urbanizador como axente de xestións urbanísticas. Mecánica do urbanizador nas diferentes normas autonómicas que acollen este modelo urbanístico: os programas de actuacións integradas e agrupacións de interese económico.

-Análise do suposto práctico de actuación urbanística a través de urbanizador.

-Concepto e natureza xurídica dos convenios urbanísticos cos particulares. Procedemento de elaboración e aprobación. Convenios urbanísticos entre administracións públicas. Réxime xurídico e análise de supostos prácticos.

-Réxime xurídico dos convenios urbanísticos, con especial referencia ós seus límites. Análise da lexislación urbanística autonómica, con especial referencia á Lei de Galicia. Os convenios urbanísticos na xurisprudencia do Tribunal Supremo e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

-Análise pormenorizada dos convenios de xestión urbanística. A responsabilidade das administracións públicas derivada dos convenios urbanísticos.

-Análise de supostos prácticos.

-A inscrición rexistral dos actos de natureza urbanística. En especial, dos proxectos de equidistribución.

-Análise de supostos prácticos e de resolucións da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado.

-A xestión de dotacións públicas. Sistemas xerais e dotacións locais. Expropiación e ocupación directa.

-Análise práctica de obtención de terreos dotacionais.

-A reversión dos terreos expropiados. Os supostos de reversión na lexislación urbanística: especialidades. Expropiacións sectoriais e modificación do uso por alteración do planeamento.

-Estudio de casos prácticos.

-Réxime indemnizatorio por alteración do planeamento. Suposto e réxime xurídico.

-A indemnización por vinculacións singulares na ordenación urbanística. Análise de supostos xurisprudenciais.

-Especialidades da xestión en solo urbano: diferencias na equidistribución. Réxime xurídico do solo urbano non consolidado pola urbanización: configuración e dereitos e deberes. Análise de supostos prácticos.

-Réxime xurídico do solo urbano consolidado pola urbanización: aspectos prácticos de xestión urbanística.

-A aplicación das áreas de repartición e aproveitamento tipo en solo urbano. Xestión de transferencias de aproveitamentos urbanísticos en solo urbano.

-Análise de suposto práctico.

-Réxime xurídico do urbanismo comercial. Aspectos básicos da ordenación do comercio retallista: tipoloxía de establecementos comerciais. Diferencias de réxime xurídico. Réxime xurídico da planificación de equipamentos comerciais.

-O establecemento comercial como equipamento dotacional privado. Réxime xurídico das reservas de solo para usos comerciais. Réxime xurídico da autorización para a apertura de establecementos comerciais. O control da decisión da autorización ou denegación. Relación coa licencia urbanística.

-Os patrimonios públicos do solo. O patrimonio municipal do solo: constitución, destino e cesións. Outros patrimonios públicos.

-Réxime xurídico dos dereitos de tanteo e retracto. Dereito de superficie.

-A promoción de vivendas con protección pública na xestión urbanística. Modelos de actuación: vinculación do solo á construcción de vivenda protexida, a reserva de terreos para a vivenda protexida e as redes de vivendas públicas.

-Réxime xurídico da protección pública á vivenda: préstamos cualificados, subsidiacións e subvencións. Limitacións á propiedade en razón do acceso a estas axudas. Réxime xurídico específico dos promotores para usos propios.

-Principios básicos da Lei de ordenación da edificación. Esixencias técnicas e administrativas da edificación. Breve referencia ás licencias urbanísticas.

-Réxime xurídico básico dos axentes da edificación: dereitos e deberes. Responsabilidades e garan

tías dos axentes que interveñen no proceso de edificación.

II parte: disciplina, 48 horas lectivas.

-A disciplina urbanística: concepto. Regulación estatal e autonómica. Especialidades xenéricas da lexislación urbanística galega no ámbito da disciplina.

-Análise dos actos urbanísticos suxeitos a licencia urbanística. Lexislación estatal, autonómica e planeamento municipal. Especialidades das licencias en dominio público.

-Réxime xurídico das licencias de obras: concepto, procedemento e efectos do seu outorgamento. Análise dos conceptos proxecto técnico e técnico competente.

-Réxime do silencio administrativo e denuncia de mora: análise da xurisprudencia aplicable. A suspensión do outorgamento de licencias: suspensión potestativa, automática e indemnizacións procedentes.

-Réxime xurídico das licencias de edificación, primeira ocupación, cambio de uso e habitabilidade.

-Réxime xurídico das licencias de apertura, de actividade e de actividade clasificada. Análise de exemplos prácticos.

-Réxime xurídico das licencias provisionais das licencias condicionadas. Especialidades das licencias en dominio público, en solo non urbanizable e no patrimonio histórico-artístico.

-Licencias das actuacións promovidas polas administracións públicas.

-Réxime xurídico da extinción dos efectos das licencias urbanísticas: renuncia, revisión, caducidade e revogación.

-Análise práctica de licencias urbanísticas.

-O deber de conservación na lexislación urbanística. Réxime xurídico das ordes de execución. A rehabilitación urbanística.

-A declaración de ruína como límite do deber de conservación. Singularidades da ruína inminente. O procedemento de declaración de ruína. Análise de suposto práctico.

-Réxime xurídico das obras en execución sen licencia ou orde de execución ou sen axustarse ás condicións dunha ou outra: procedemento, órganos competentes, prazos e requisitos.

-Réxime xurídico da suspensión dos actos urbanísticos sen licencia como medida de protección da legalidade urbanística. Efectos sobre os materiais e maquinaria utilizados e subministración. Análise de suposto práctico.

-Especialidades das medidas de protección da legalidade das obras terminadas: concepto, prazos e ámbito de aplicación. O procedemento de legalización.

-Especialidades da protección da legalidade urbanística en zonas verdes, espacios libres, dotacións, equipamentos e solo rústico con especial protección. A demolición das construccións incompatibles co planeamento urbanístico. Análise de xurisprudencia e de suposto práctico.

-Outras medidas de protección da legalidade urbanística, en especial, a revisión de licencias e o visado dos colexios profesionais.

-Réxime xurídico das infraccións urbanísticas: concepto, tipoloxía e regras para a imposición de sancións. Definición das persoas responsables.

-O procedemento sancionador en materia urbanística; en especial, órganos competentes, caducidade e prescrición.

-Análise práctica de procedemento de disciplina urbanística.

-Responsabilidade patrimonial por actos de intervención e uso do solo: anulación e revogación de licencias; suspensión de licencias, denegacións de licencias.

-Responsabilidade patrimonial por actos de información urbanística. Indemnización por limitacións singulares e outros supostos indemnizatorios contemplados pola normativa estatal ou recoñecidos pola xurisprudencia. Análise práctica de expediente de responsabilidade patrimonial en materia urbanística.

-Delictos cometidos por promotores, constructores ou técnicos directores. Delictos cometidos por autoridade ou funcionario público.

-Análise da xurisprudencia de diferentes órganos xurisdiccionais sobre delictos contra a ordenación do territorio.

3. Destinatarios. O curso convocado ten como destinatarios os funcionarios de carreira ou persoal interino dos grupos A e B que estean en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou o de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico, pertencentes á Xunta de Galicia ou á Administración local galega, así como o persoal laboral dunha ou doutra Administración, dos grupos I e II, que se atopen en posesión de calquera dos títulos anteriormente citados.

Para os efectos do establecido na Resolución do 26 de outubro de 1994, do Instituto Nacional de Administración Pública, pola que, en cumprimento do disposto na orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, se determinan os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local; este curso valoráselles con dous puntos a aqueles alumnos aprobados que estean comprendidos dentro do ámbito de aplicación da citada normativa.

Sempre que existan prazas dispoñibles porque non se cubriron as convocadas entre o persoal ó que se refire a primeira alínea deste epígrafe, tamén poderán optar á obtención do certificado de aproveitamento profesionais liberais que dispoñan do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro supe

rior, ou o de diplomado, ou ben o de arquitecto ou enxeñeiro técnico.

4. Prazas. O número de prazas é limitado.

5. Dereitos de inscrición. Os dereitos de inscrición fíxanse nas seguintes contías, segundo estes casos:

1. Mil cento corenta euros (1.140 euros), para todos aqueles solicitantes que pertenzan ás administracións autonómica ou local galegas, cumpran as condicións prescritas no primeiro parágrafo do epígrafe «destinatarios» e que, ademais, no desenvolvemento do seu traballo habitual realicen tarefas que estean vinculadas co urbanismo. Esta circunstancia acreditarase mediante certificación expedida polos secretarios xerais, respectivamente, da consellería, delegación, deputación ou corporación municipal.

O importe anterior poderán facelo efectivo os interesados dunha soa vez, ou en catro prazos de douscentos oitenta e cinco euros (285 euros) cada un, de acordo coa seguinte modalidade:

-O primeiro prazo, ou a totalidade da matrícula, deberá ingresarse no momento de formalizarse a inscrición.

-O segundo farase efectivo antes do un de marzo de dous mil tres.

-O terceiro aboarase antes do día un de abril de dous mil tres.

-O cuarto satisfarase antes do día un de xuño de dous mil tres.

2. Mil seiscentos oitenta e catro euros (1.684 euros), para o resto dos solicitantes que pertenzan ás administracións autonómica ou local galegas, cumpran as condicións prescritas no parágrafo primeiro do epígrafe «destinatarios», aínda que non poidan acreditar na forma establecida que as súas tarefas habituais estean conectadas co urbanismo.

A contía consignada poderá facerse efectiva dunha soa vez ou en catro prazos, e será de catrocentos vinteún euros (421 euros) cada un, de acordo coa seguinte modalidade:

-O primeiro prazo, ou a totalidade da matrícula, deberá ingresarse no momento no que se formalice a inscrición.

-O segundo farase efectivo antes do un de marzo de dous mil tres.

-O terceiro aboarase antes do día un de abril de dous mil tres.

-O cuarto satisfarase antes do día un de xuño de dous mil tres.

3. Dous mil douscentos vintecatro euros (2.224 euros) para os demais peticionarios que non teñan a condición de persoal ó servicio dalgunha das administracións públicas anteriormente citadas, baixo a esixencia ou requisito establecidos con precedencia.

O devandito importe poderá ingresarse dunha soa vez, ou en catro prazos de cincocentos cincuenta

e seis euros (556 euros) cada un, de acordo coa forma que se determina a continuación:

-O primeiro prazo ou a totalidade da matrícula, deberá ingresarse no momento no que se formalice a inscrición.

-O segundo farase efectivo antes do un de marzo de dous mil tres.

-O terceiro aboarase antes do día un de abril de dous mil tres.

-O cuarto satisfarase antes do día un de xuño de dous mil tres.

6. Forma de pagamento. O aboamento do primeiro prazo, ou da totalidade da matrícula no caso de se facer nun pagamento único, efectuarase mediante un ingreso na conta corrente da EGAP na Caixa de Aforros de Galicia, oficina de organismos de Santiago de Compostela, nº 2091-0388-95-3110000520.

O pagamento do segundo e sucesivos prazos realizarase utilizando o impreso que lle será entregado pola EGAP ós alumnos admitidos no curso.

7. Incumprimento dos prazos de pagamento. Os alumnos que non fagan efectivo o importe dos dereitos de inscrición dentro dos prazos marcados para cada caso, perderán a súa condición de asistentes a este curso e non terán dereito á devolución das contías ingresadas con anterioridade.

8. Prazo de inscrición, solicitudes e documentos. Para a participación neste curso, ábrese un prazo de inscrición que comezará o 3 de xaneiro de 2003 e rematará o día 5 de febreiro dese mesmo ano, para que as persoas que figuran como destinatarias deste curso poidan formalizala, segundo o modelo que figura no anexo desta convocatoria.

Para a formalización da inscrición, será preciso achega-lo pertinente boletín cos seguintes documentos:

a) Se o peticionario é funcionario ou persoal interino:

-Fotocopia do DNI.

-Certificado de que se atopa en situación de servicio activo ou de servicios especiais na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou da Administración local galega.

Este certificado deberá expedilo, segundo os casos, o secretario xeral da respectiva consellería, delegación, concello municipal ou da deputación.

-Se o solicitante, no seu traballo habitual, realiza tarefas que estean vinculadas co urbanismo, certificado expedido polas persoas sinaladas no parágrafo que antecede, no que se manifeste expresamente este aspecto.

-Certificado no que se indique explicitamente que o interesado é funcionario de carreira ou persoal interino do grupo A ou B. Este documento deberán expedilo os mesmos funcionarios citados nos parágrafos anteriores.

-Orixinal ou copia debidamente cotexada de estar en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico.

-Xustificante de transferencia pola totalidade dos respectivos dereitos de inscrición, ou ben polo primeiro prazo.

b) Se o peticionario é persoal laboral:

-Fotocopia do DNI.

-Certificado de pertencer á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou á da Administración local galega.

-Certificado no que se faga constar expresamente que o interesado pertence ó grupo I ou II.

Os dous anteriores documentos deberaos expedir, segundo os casos, o secretario xeral da respectiva consellería, delegación, concello municipal ou da deputación.

-Se o solicitante, no seu traballo habitual, realiza tarefas que estean vinculadas co urbanismo, certificado expedido polas persoas sinaladas no parágrafo que antecede, no que se manifeste expresamente este aspecto.

-Orixinal ou copia debidamente cotexada de estar en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico.

-Xustificante de transferencia pola totalidade dos respectivos dereitos de inscrición, ou ben polo primeiro prazo.

c) Para os restantes peticionarios:

-Fotocopia do DNI.

-Orixinal ou copia debidamente cotexada de estar en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico.

-Currículum vitae.

-Xustificante de transferencia pola totalidade dos respectivos dereitos de inscrición, ou ben, polo primeiro prazo.

9. Criterios selectivos. Se os solicitantes son funcionarios, persoal interino ou persoal laboral, os criterios selectivos para a admisión neste curso serán, por esta orde, os seguintes:

1º Que exista unha relación directa entre as tarefas que realiza o interesado no desempeño do seu posto de traballo e a materia obxecto deste curso.

2º Ter realizado, durante os últimos cinco anos, un menor número de cursos relacionados con contidos temáticos similares ó que agora se convoca.

3º A antigüidade, e como tal enténdese a data de ingreso do interesado na Administración pública.

De quedaren prazas libres, despois de feita a selección entre o persoal funcionario ou laboral de calquera das administracións públicas galegas indicadas anteriormente, o criterio selectivo dos restantes

peticionarios, nos que non concorra a mencionada condición, será como se expresa a seguir:

-Gozarán de preferencia aqueles solicitantes que documentalmente acrediten que a súa actividade profesional mantén relación co urbanismo e poidan demostrar, a través do seu currículum, unha constatada experiencia neste campo (por exemplo, publicacións, cursos de especialización, traballos de investigación, etc., vinculados coa materia expresada).

Toda a documentación que remitan os solicitantes que non sexa orixinal, terá que vir debidamente cotexada.

En calquera caso, esta convocatoria rexerase polos criterios de participación nas actividades docentes da Escola Galega de Administración Pública, publicados no DOG nº 149, do 3 de agosto de 1994.

10. Certificado de aproveitamento. Para a superación deste curso e a obtención do aludido certificado de aproveitamento, cada alumno deberá presentar un traballo sobre unha materia, que deberá aprobar previamente o director desta actividade, e que terá relación coa temática da actividade convocada.

A extensión mínima do traballo será de 20 folios, excluídas citas e bibliografía, cun número de liñas por folio non inferior a 27, a dobre espacio.

O prazo de entrega do traballo fixarase durante a realización do curso e comunicaráselles ós alumnos con tempo.

A aprobación do repetido curso queda tamén supeditada a que os alumnos acudan con regularidade a este e que a súa asistencia a esta actividade supoña unha porcentaxe superior ó 85% das horas programadas. Os participantes que non alcancen aquel límite, sexa cal for a causa, quedarán eliminados, coa perda de tódolos dereitos.

11. Desenvolvemento. O curso realizarase na Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela. Comezará o 11 de febreiro de 2003 e rematará o día 24 de xuño dese mesmo ano.

A súa duración será de 140 horas, que se distribuirán a razón de 8 horas por semana, ordinariamente os martes e xoves, desde as 16 horas ás 20 horas.

12. Modificacións. A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento deste curso, así como de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA