Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 34

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 23 de decembro de 2002 pola que se concede o Premio Galicia-Futura.

A orde da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 22 de novembro de 2002 (DOG do 27 de novembro), convoca o Premio Galicia-Futura creado polo Decreto 306/2002, do 31 de outubro (DOG do 13 de novembro).

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a resolución da concesión do premio debe darse a coñecer mediante a correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, e tendo en conta a proposta elaborada polo xurado,

RESOLVO:

Concederlle-lo Premio Galicia-Futura:

Na categoría individual a Iván Raña Fuentes, pola súa carreira deportiva.

Na categoría colectiva ó centro Don Bosco de Santiago de Compostela, polos seus 25 anos dedicado á mocidade, traballando no eido da prevención, educación e formación no tempo libre.

Esta orde pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2002.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude