Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 2003 Páx. 27

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CENTRO EUROPEO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN DE GALICIA, S.A. (CEEI GALICIA, S.A.)

ANUNCIO para a contratación mediante concurso aberto dun contrato de consultoría e asistencias técnica para a elaboración e o mantemento de guías para a creación de empresa.

Mediante acordo do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A. (CEEI Galicia, S.A.) convócase a concurso público aberto para a seguinte contratación:

Obxecto do contrato: o desenvolvemento, elaboración e mantemento de guías para a creación de empresa, os seus correspondentes modelos de actualización e manuais de procedemento.

Orzamento máximo global para esta contratación: 182.400 euros incluído o imposto sobre o valor engadido (IVE), coa seguinte valoración:

-Lote 1: desenvolvemento e elaboración de guías para a creación de empresa. Ata 160.000 euros.

-Lote 2: mantemento e actualización de 56 guías para a creación de empresa. Ata 22.400 euros.

Os pregos de bases e prescricións técnicas do concurso están á disposición dos interesados no domicilio de CEEI Galicia, S.A., no edificio Igape, 3ª planta, complexo administrativo de San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, 15703 A Coruña. Teléfono: 981 54 68 23.

Prazo de presentación de ofertas: as proposicións para poder tomar parte no concurso presentaranse nas oficinas de CEEI Galicia, S.A. en Santiago de Compostela. O prazo de admisión de ofertas rematará ás 14 horas do vixésimo primeiro día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-la data de finalización do prazo en día inhábil, entenderase prorrogado o prazo ata as 14 horas do seguinte día hábil.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2002.

Carlos Pérez de Vega

Apoderado do Centro Europeo de Empresas

e Innovación de Galicia, S.A.