Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 2003 Páx. 28

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CENTRO EUROPEO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN DE GALICIA, S.A. (CEEI GALICIA, S.A.)

ANUNCIO para a contratación, por concurso aberto, de asistencias técnicas para a impartición de accións formativas da área de emprendedores do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A.

Mediante acordo do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A. (CEEI Galicia, S.A.) convócase concurso público aberto para a seguinte contratación:

Obxecto do contrato: contratación de asistencias técnicas para a impartición de seminarios da área de emprendedores de CEEI Galicia, S.A.

Orzamento máximo: para esta contratación ascende a 224.150 A, incluído o imposto sobre o valor engadido (IVE), coa seguinte desagregación:

-Lote 1: ata 75 seminarios de difusión da cultura emprendedora que se impartirán, preferentemente, nas provincias da Coruña e Lugo. 18.750 A.

-Lote 2: ata 55 seminarios de difusión da cultura emprendedora que se impartirán, preferentemente, nas provincias de Ourense e Pontevedra. 13.750 A.

-Lote 3: ata 10 seminarios de xeración e maduración de ideas que se impartirán, preferentemente, nas provincias da Coruña e Lugo. 11.000 A.

-Lote 4: ata 8 seminarios de xeración e maduración de ideas que se impartirán, preferentemente, nas provincias de Ourense e Pontevedra. 8.800 A.

-Lote 5: ata 15 seminarios de planificación empresarial que se impartirán, preferentemente, nas provincias da Coruña e Lugo. 70.500 A.

-Lote 6: ata 11 seminarios de planificación empresarial que se impartirán, preferentemente, nas provincias de Ourense e Pontevedra. 51.700 A.

-Lote 7: dous seminarios de xestión empresarial que se impartirán, preferentemente, na modalidade on-line. 20.500 A.

-Lote 8: un seminario de xestión empresarial que se impartirá, preferentemente, na modalidade presencial. 10.250 A.

-Lote 9: ata 126 horas de seminarios de formación continua que se impartirán, preferentemente, nas provincias da Coruña e Lugo. 11.340 A.

-Lote 10: ata 84 horas de seminarios de formación continua que se impartirán, preferentemente, nas provincias de Ourense e Pontevedra. 7.560 A.

Os pregos de bases e prescricións técnicas do concurso están á disposición dos interesados no domicilio de CEEI Galicia, S.A., no edificio Igape, 3ª planta, complexo administrativo de San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, 15703 A Coruña. Teléfono: 981 54 68 23.

Prazo de presentación de ofertas: as proposicións para poder tomar parte no concurso presentaranse nas oficinas de CEEI Galicia, S.A. en Santiago de Compostela. O prazo de admisión de ofertas rematará ás 14 horas do vixésimo primeiro día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-la data de finalización do prazo en día inhábil, entenderase prorrogado o prazo ata as 14 horas do seguinte día hábil.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2002.

Carlos Pérez de Vega

Apoderado do Centro Europeo de Empresas

e Innovación de Galicia, S.A.