Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 2003 Páx. 27

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

ANUNCIO.

De conformidade co previsto na base 3.5 do acordo do 15 de outubro de 2002 polo que se convoca proceso selectivo para a cobertura por persoal laboral fixo dun posto de traballo de técnico de xestión contable do cadro de persoal da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS), anúnciase que a segunda proba eliminatoria do dito proceso terá lugar o vindeiro día 17 de xaneiro de 2003, ás 17 horas, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, sito en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela.

Os aspirantes que superaron a primeira proba eliminatoria do dito proceso selectivo deberán ir provistos do documento nacional de identidade e de bolígrafo azul ou negro. O chamamento é único polo que quedarán excluídos do proceso os aspirantes que non comparezan.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2003.

Juan Carlos Copa Yáñez

Presidente da comisión de selección

CENTRO EUROPEO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN DE GALICIA, S.A.

(CEEI GALICIA, S.A.)