Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 2003 Páx. 23

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2002, da Dirección Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso e tramitación anticipada do expediente de gasto, do concurso público 2/2002, para a limpeza completa do edificio da rúa Montevideo, número 9 e da Unidade de Control da Prestación Farmacéutica, sita na avenida Dr. García Portela, 11, baixo, de Lugo.

A Dirección Provincial do Sergas de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no número 3 f) do artigo 25º do Decreto 45/2002, do 8 de febreiro (DOG 20 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde, convoca concurso público, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, para a limpeza completa do edificio da rúa Montevideo, nº 9 e da Unidade de Control da Prestación Farmacéutica, sita na avenida Dr. García Portela, 11 baixo, de Lugo.

1. Obxecto e orzamento.

Limpeza completa do edificio da rúa Montevideo, 9, de Lugo e do baixo da avenida Dr. García Portela, 11 baixo, de Lugo.

Orzamento:

Ano 2003, 63.000 A (IVE incluído).

2. Variantes.

Admítense variantes.

3. Prazo de execución.

Desde a formalización do contrato, cunha duración ata o 31 de decembro de 2003, admitíndose a posibilidade de prórroga.

4. Documentos de interese para os licitadores.

A documentación deste concurso pode ser solicitada no Servicio de Xestión Económica e Investimentos, da Dirección Provincial do Sergas, na rúa Montevideo nº 9, 27001 Lugo, teléfono 982 29 69 17; fax 982 29 69 07.

5. Criterios de adxudicación.

Organización do servicio, con definición do plan de limpezas rutineiras e especiais, distribución do persoal, etc: ata 35 puntos.

Oferta económica: ata 30 puntos.

Achega de melloras: ata 25 puntos.

Calidade do servicio, certificación de calidade, procedementos de limpeza, productos, maquinaria, equipamento do persoal, etc: ata 10 puntos.

6. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica.

Acreditación por un ou varios dos medios contidos nos artigos 16 e 19 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Presentación de proposicións.

No rexistro da Dirección Provincial do Sergas en Lugo, rúa Montevideo, nº 9, 27001, Lugo, sen prexuízo do determinado no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, deréxime xurídico das administracións públicas (BOE do de novembro) antes das 14 horas do decimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Sergas de Lugo a remisión da oferta, mediante fax ou telegrama no mesmo día.

8. Apertura de proposicións.

Realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Provincial do Sergas en Lugo, ás 11.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

9. Documentación que hai que presentar.

A que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Anuncios.

Os anuncios do presente concurso serán por conta da empresa adxudicataria. O seu importe máximo será de 750 A.

Lugo, 28 de novembro de 2002.

Eugenia Lázare Vila

Directora provincial de Lugo