Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 2003 Páx. 24

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por decreto da Alcaldía do 26-11-2002 aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá para a contratación mediante concurso con procedemento aberto da obra de execución de edificio destinado a uso escolar-2ª fase, o cal se expón

ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP ou prensa para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, ben que a licitación se aprazará canto resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Prazo da obra: oito (8) meses.

Importe da licitación: 319.662,64 A.

Fianza provisional: 6.393,25 A.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación: grupo C, subgrupo 2, 3, 4, 6, 7, 8, 9, categoría d).

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do sexto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas. No caso de resultar sábado, entenderase prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación en horario de 9 a 14 horas, dentro do prazo de vinteseis (26) días, contados desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio de concurso no DOG ou BOP.

Documentación: presentarase en 2 sobres pechados, conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 29 de novembro de 2002.

José Mª Vázquez Barca

Alcalde accidental