Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 2003 Páx. 22

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto, tramitado con carácter ordinario, para a contratación do servicio de recepción, almacenaxe, traslado e distribución de productos e mercadorías con destino ás distintas unidades situadas nos centros sanitarios deste complexo hospitalario (C.P. 31/2002).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo sexto, letra j) da Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) da Consellería de Sanidade, convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos e de Servicios Xerais. Unidade de Contratación.

c) Número do expediente: C.P. 31/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de recepción, almacenaxe, traslado e distribución de productos e mercadorías con destino ás distintas unidades situadas nos centros sanitarios do Complexo Hospitalario de Ourense.

b) División por lotes: non, a licitación será á totalidade do servicio.

c) Lugar de execución: ver punto 2 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo de execución: 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 531.600 A, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 10.632 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Complexo Hospitalario de Ourense. Dirección de Recursos Económicos e de Servicios Xerais. Unidade de Contratación.

b) Domicilio: rúa Ramón Puga, 52 (edificio administrativo, planta baixa).

c) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

d) Teléfono: 988 38 56 91.

e) Fax: 988 38 54 04.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 27 de xaneiro de 2003, días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: para empresas españolas, grupo U ou III; subgrupo 3 ou 8; categoría B (disposición transitoria única do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, RXCAP).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: para empresas non españolas, acreditación libre atendendo ós criterios contidos nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 30 de xaneiro de 2003 (14 h).

b) Documentación que hai que presentar: ver pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: Complexo Hospitalario de Ourense. Rexistro xeral, rúa Ramón Puga, 52 (edificio administrativo, planta baixa), 32005 Ourense.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a data da apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Dirección de Recursos Económicos e de Servicios Xerais do Complexo Hospitalario de Ourense.

b) Domicilio: rúa Ramón Puga, 52 (edificio administrativo, planta 1ª).

c) Localidade: Ourense.

d) Data: 10 de febreiro de 2003.

e) Hora: 9.30 h.

f) Acto público.

10. Outras informacións.

a) Criterios de adxudicación: ve-lo punto 16 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Lingua(s): castelán ou galego.

11. Gastos dos anuncios: o pagamento dos anuncios será por conta do adxudicatario do contrato.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 9 de decembro de 2002.

13. Para consultar pregos: http://www.sergas.es

Ourense, 29 de novembro de 2002.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense