Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 2003 Páx. 21

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2002, da Dirección Provincial de Ourense, pola que se anuncia o concurso público C.P. 2/DP/2002 para a contratación do servicio de distribución, almacenaxe, custodia e destrucción de receitas da Seguridade Social, así como a recolla e destrucción de documentación da dirección provincial.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Dirección Provincial do Sergas en Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Provincial.

c) Número de expediente: C.P. 2/DP/2002

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: distribución, almacenaxe, custodia e destrucción de receitas da Seguridade Social, así como a recolla e destrucción de documentación da dirección provincial.

b) Lugar de execución: ver prego de cláusulas administrativas particulares

c) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): 48 meses (previsiblemente desde o 1-1-2003 ata o 31-12-2004).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: cincuenta e tres mil seiscentos euros (53.600 A).

5. Garantía provisional. Mil setenta e dos euros (1.072 A).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Provincial do Sergas en Ourense.

b) Domicilio: r/ Juan XXIII, 29, 2º.

c) Localidade e código postal: 32003 Ourense.

d) Teléfono: 988 38 59 44.

e) Telefax: 988 38 55 60.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: (grupos, subgrupos e categoría): non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do oitavo día natural contado desde o día seguinte á súa publicación no DOG. No caso de que o último día coincida con sábado ou festivo, o prazo ampliarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que se debe presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: oficina do rexistro da Dirección Provincial do Sergas en Ourense.

2. Domicilio: r/ Juan XXIII, 29, 2º.

3. Localidade e código postal: 32003 Ourense.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses desde a data de apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes (concurso): non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Dirección Provincial do Sergas en Ourense (Secretaría Provincial).

b) Domicilio: r/ Juan XXIII, 29, 2º.

c) Localidade: Ourense.

d) Data: terá lugar ás 10 horas do quinto día contado desde o seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: o anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo ascende a 600 euros.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es

Ourense, 26 de novembro de 2002.

Carlos Pereira Fernández

Director provincial de Ourense