Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 2003 Páx. 20

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 2 de decembro de 2002, da Área Provincial de Lugo, de notificación de requirimento de pagamento ós debedores que se relacionan (Concepción Fernández de la Fuente e sete máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código civil, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio que a continuación se relacionan o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que, a data 16 de outubro de 2002, ascenden á cantidade que se sinala, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 25 de novembro, e no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo (BOE do 7 de setembro), concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día nas súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial en trámite de audiencia, co fin de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Lugo, 2 de decembro de 2002.

Eugenio Basanta Curbera

Xefe de Área Provincial de Lugo

ANEXO

-Concepción Fernández de la Fuente.

Expediente: LU-83/010.

Conta nº 5.

Enderezo: rúa Sober, 1-1º B. 27400 Monforte de Lemos.

Importe da débeda: 7.256,28 euros.

-Ascensión López Fernández.

Expediente: LU-83/010.

Conta nº 15.

Enderezo: rúa Sober, 1-3º B. 27400 Monforte de Lemos.

Importe da débeda: 4.771,48 euros.

-Dolores Sánchez Terrón.

Expediente: LU-83/010.

Conta nº 17.

Enderezo: rúa Sober, 1-4º B. 27400 Monforte de Lemos.

Importe da débeda: 5.548,78 euros.

-Ovidio Vázquez Sáez.

Expediente: LU-83/010.

Conta nº 19.

Enderezo: rúa Sober, 1-4º D. 27400 Monforte de Lemos.

Importe da débeda: 4.459,03 euros.

-Mercedes Cano Gómez.

Expediente: LU-83/010.

Conta nº 22.

Enderezo: rúa Sober, 1-5º C. 27400 Monforte de Lemos.

Importe da débeda: 6.600,72 euros.

-José Aurelio Fuente Casanova.

Expediente: LU-83/010.

Conta nº 61.

Enderezo: rúa Sober, 3-6º B. 27400 Monforte de Lemos.

Importe da débeda: 5.865,95 euros.

-Antonio Rodríguez Casar.

Expediente: LU-83/010.

Conta nº 67.

Enderezo: rúa Sober, 4-1º H. 27400 Monforte de Lemos.

Importe da débeda: 5.143,05 euros.

-José Quiroga Pereiras

Expediente: LU-83/010.

Conta nº 75.

Enderezo: rúa Sober, 5-2º H. 27400 Monforte de Lemos.

Importe da débeda: 7.956,28 euros.