Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 2003 Páx. 17

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 29 de novembro de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan requirimentos de documentación pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Recreativos Garlo, S.L. e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse requirimentos de documentación pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 35 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante a secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 29 de novembro de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Recreativos Garlo, S.L.

NIF: B-15131808.

R/ Pombal, 78.

Portonovo.

Solicitude de documentación para aprazamento/fraccionamento.

Liq.: 6020002183.

Barros Fortes José Luis.

DNI: 34929350-D.

R/ Baixada o Campo da Feira, 15.

O Carballiño.

Solicitude de documentación para aprazamento/fraccionamento.

Liq.: 10020689 e 10020694.

Logui Service, S.L.

NIF: B-78064391.

R/ Glorieta López de Hoyos, 5.

Madrid.

Solicitude de documentación para devolución de ingresos indebidos.

Expte.: T-787/02.

Otero Piñeiro María Socorro

DNI:

R/ Loureiro Crespo, 33.

Pontevedra.

Solcitude de documentación para devolución de ingresos indebidos.