Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 2003 Páx. 18

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/466-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento L.M.T., C.T. e R.B.T. Torreiro-Reboreda-A Igrexa.

Situación: concello de Redondela.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 15 kV, de 40 m de lonxitude, con conductor LA-56, desde a L.M.T. Redondela ata o novo C.T. que se proxecta en Reboreda-A Igrexa, no Concello de Redondela, de 250 kVA, R/T 15 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 117 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. Reboreda-A Igrexa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 20 de novembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra