Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 2003 Páx. 17

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 29 de novembro de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona requirimento de documentación pendente de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Bonet Gandón, María).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase requirimento de documentación pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e se empraza a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 35 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante a secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 29 de novembro de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Bonet Gandón María.

DNI 35889834-J.

R/ Zamora, 70-2º G.

Vigo.

Imposto de sucesións e doazóns.

Expte.: S-468/99.

Liq.: 29900292985