Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 31 de decembro de 2002 Páx. 18.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se realiza a publicidade do acordo do 4 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Meixomín número 2715.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (Diario Oficial de Galicia nº 188, do 25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra,

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 4 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominada Meixomín número 2715, sita en terreos do termo municipal de Lalín, provincia de Pontevedra, promovido por Canteras y Construcciones Dejo, S.L.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 8,8 ha, dentro do espacio solicitado para a concesión mineira de 1 cuadrícula mineira, comprendida entre os paralelos 42º 43' 20'', 42º 43' 40'' norte e polos meridianos 8º 04' 20'', 8º 04' 40'' oeste, e foi incorporada ó expediente da concesión Meixomín número 2715, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 28 de novembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra