Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 31 de decembro de 2002 Páx. 18.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorgou a concesión derivada do permiso de investigación denominado Villalonga fracción II número 2517.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que por Resolución do 12 de setembro de 2002, se outorgou a Epifanio Campo Fernández a concesión derivada do permiso de investigación denominado Villalonga fracción II número 2517, de cinco cuadrículas mineiras para recursos de arxila, que se

sitúa no termo municipal de Sanxenxo, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VérticesLonxitudeLatitude

18º 49' 20''42º 25' 20''

28º 49' 20''42º 26' 00''

38º 50' 20''42º 26' 00''

48º 50' 20''42º 25' 40''

58º 50' 00''42º 25' 40''

68º 50' 00''42º 25' 20''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 28 de novembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra