Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 31 de decembro de 2002 Páx. 18.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2002 pola que se aproba o plan eólico estratéxico presentado pola empresa Totalfina Eólica, S.A. denominado plan eólico estratéxico Totalfina Eólica.

Examinado o expediente instruído por instancia de Totalfina Eólica, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Rúa Nova, 28-1º, 15705 Santiago de Compostela, sobre aprobación do PEE Totalfina Eólica, esta consellería ten en conta os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data do 6 de xullo de 2000, Enrique Fernández-Perán e Fernández de Córdova, no nome e representación de Totalfina Eólica, S.A., solicitou a aprobación do plan eólico estratéxico denominado PEE Totalfina Eólica, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo cal se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-A petición de aprobación do plan eólico estratéxico someteuse a información pública por Resolución do 30 de maio de 2001, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo cal se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. A devandita resolución foi publicada no BOE do 6 de xullo de 2001, e no Diario Oficial de Galicia do 6 de xuño do mesmo ano.

As características principais do PEE Totalfina Eólica que foron sometidas a información pública son:

ÁreaProvinciaConcellos Coordenadas

X Y

Cadeira ILugoLourenzá, Trabada,1641.0004.814.000
Barreiros2644.0004.815.000
3644.0004.810.000
4642.0004.810.000

Cadeira IILugoLourenzá, Trabada,1641.0004.804.500
Riotorto, A Pontenova2642.0004.810.000
3646.0004.810.000
4646.0004.801.000

Augas SantasLugoMondoñedo, Lourenzá,1637.0004.810.000
Riotorto2641.0004.809.000
3641.0004.804.500
4639.0004.804.000

CordalLugoXermade1586.0004.802.921
XermadeA CoruñaAs Pontes, Monfero2586.0004.799.000
3590.0004.799.000
4590.0004.803.000
5591.0004.803.000
6591.0004.799.000
7596.0004.799.000
8598.0004.806.000
9597.5004.809.000
10591.0004.808.000

MedaLugoMosteiro-Pol,1631.0004.774.000
Castro de Rei, Lugo2624.0004.774.000
3624.0004.766.000
4632.0004.766.000
5632.0004.771.000

MonciroLugoMosteiro-Pol,1631.0004.774.000
Castroverde2635.0004.775.500
3635.0004.772.500
4637.0004.766.000
5632.0004.766.000
6632.0004.771.000

MontoutoLugoGuitiriz1580.2504.789.000
A CoruñaMonfero, Aranga, Irixoa2583.0004.789.000
3583.0004.790.000
4589.0004.790.000
5589.1434.788.000
6

7

587.000

581.000

4.783.000

4.783.000

O Incio ILugoO Incio, Samos1637.0004.727.000
2643.0004.727.000
3643.0004.720.000
4637.0004.722.000

O Incio IILugoMonforte de L.1637.0004.722.000
2643.0004.720.000
3648.0004.719.000
4649.0154.714.000
5649.0004.709.000
6643.0004.708.000
7632.0004.717.000
8632.0004.722.000
9633.0004.723.000

ÁreaProvinciaConcellos Coordenadas

X Y

Frades-LugoA Pontenova,1651.0004.798.000
Caramelo2657.5004.797.000
3657.0004.793.000
4658.0154.790.000
5661.0004.787.500
6661.0004.783.000
Excluída área7653.0004.783.000
en Asturias8653.0004.793.000

AnduriñaLugoA Fonsagrada,1648.0004.797.000
Ribeira de Piquín2651.0004.798.000
3653.0004.793.000
4653.0004.783.000
5648.0004.783.500

LiñaresLugoNegueira de Muñiz,1660.0004.781.000
A Fonsagrada2665.5004.780.000
3667.0004.778.000
4669.0004.774.000
5666.0004.772.500
6661.0004.775.000

UriaLugoNegueira de Muñiz,1670.0004.773.000
A Fonsagrada2673.5004.773.000
3677.0004.777.000
4677.5004.780.000
5674.0004.783.500
6671.9814.780.989

Excluída área

en Asturias

7667.0004.778.000

Durante o prazo de información pública non presentouse ningunha solicitude en competencia, aínda que sí as seguintes alegacións:

1. Sistemas de Energía Eólica, S.L., que alega solapamento de áreas.

2. EGA-Asociación Eólica de galicia, que alega ausencia de requisitos mínimos na publicación segundo artigo 60.2º, artigo 58.2º e o artigo 86 da LRX-PAC, incoherencia na planificación enerxética e solapamento con áreas solicitadas.

3. Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., que alega ausencia de requisitos mínimos na publicación segundo o artigo 86.2º da LRX-PAC e artigo 5 do Decreto 205/1995, polo cal se regula o aproveitamento eólico na Comunidade Autónoma de Galicia e incoherencia na planificación enerxética.

4. Puente Lendo Comunicaciones, que alega solapamento de áreas.

5. Norvento, S.L., que alega solapamento de áreas.

6. Hidroeléctrica Galaico-Portuguesa, S.A., que alega solapamento de áreas.

7. Cubiertas de Pizarra Reunidas y Agrupadas de Exportación, S.A., que alega solapamento con solicitudes de zonas de explotación mineira.

8. Eólicos de Touriñán, S.A., que alega solapamento de áreas.

9. Emeterio Vega Rodríguez, que alega solapamento de áreas con explotación mineira.

10. Construcciones Slates, S.A., que alega solapamento de áreas con explotación mineira.

Terceiro.-Os servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas emitiron informe no que evaluaron a viabilidade do plan nas diferentes áreas de estudio solicitadas, co fin de resolve-los diferentes plans estratéxicos en competencia, seguindo os seguintes criterios de avaliación:

-Viabilidade do plan tecnolóxico industrial e previsión de denvolvemento.

-Investimentos previstos e tempo de execución del.

-Capacidade técnica e financeira do promotor.

-Achegas e efectos industriais, socioeconómicos, tecnolóxicos e ambientais do plan.

-Desenvolvementos vinculados a terreos e concellos afectados.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, de 4 de novembro e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo cal se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, así como o disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo cal se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Ante o gran número de solicitudes presentadas, e en tramitación paralela, de aprobación do plan eólico estratéxico, os criterios seguidos de forma xeral para a adxudicación ou non das áreas asignadas foron os expostos no fundamento de feito terceiro, téndose en conta a limitación existente desde o punto de vista de infraestructuras en canto á Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica, o que supón que soamente se poidan satisfacer aquelas solicitudes que cumpran de forma máis completa os criterios de adxudicación formulados.

Terceiro.-Con respecto ás alegacións referidas ós posibles solapamentos das áreas publicadas con outras pertencentes a plans eólicos xa aprobados, débese sinalar que en modo ningún se vulnerarán na aprobación de calquera novo plan os dereitos adquiridos polos titulares dun plan anterior no tempo, polo que en todo caso a área solicitada ou non se lle concedería ou se adecuaría nas súas coordenadas para que ese solapamento desaparecese.

Cuarto.-No referido ó solapamento con zonas susceptibles de seren explotadas por medio de explotacións mineiras débese sinalar que a dita probabilidade non ten porque necesariamente facer incompatibles os dous tipos de proxectos, circunstancia que, en todo caso, se resolvería no momento en que existise esa colisión, xa que non pode ser decidido de forma apriorística.

Quinto.-No que se refire ás alegacións realizadas discutindo a ausencia de requisitos mínimos na publicación do plan débese indicar que a publicación reúne os requisitos esixidos no artigo 5 do Decreto 205/1995, de aplicación a este procedemento, resultando por outro lado chocante que as ditas alegacións veñan expostas pola Asociación Eólica de Galicia e polas empresas con plan eólico

en vigor, cando para a aprobación dos plans das empresas adscritas a esa asociación e dos das empresas alegantes se seguiu o mesmo procedemento e cos mesmos condicionantes que agora intentan refutar.

Sexto.-Non existe por outro lado incoherencia ningunha coa planificación enerxética. A Xunta de Galicia ten como horizonte acada-los 4.000 MW eólicos no ano 2010; para chegar a esta meta consideráse que o instrumento principal, como vén sendo ata agora, son os plans eólicos empresariais (denominados estratéxicos na anterior nomenclatura do Decreto 205/1995), e é a través deles e dunha planificación periódica anual, respetando sempre os compromisos adquiridos, como se intenta chegar ós fitos antes expostos.

Sétimo.-Á vista dos plans presentados en competencia, o informe técnico realizado e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que se deben excluír certas áreas solicitadas, debido á adxudicación de determinadas zonas a outros promotores seguindo criterios de planificación enerxética e desenvolvemento das infraestructuras enerxéticas ou debido a súa inviabilidade. Por outro lado a determinación espacial das áreas aprobadas debe ter en conta o disposto na modificación do Plan Sectorial Eólico de Galicia, en tramitación nestes momentos, polo que se deben adapta-las coordenadas das distintas áreas ó reflectido nel, tamén se toma en consideración para a autorización do plan a incidencia que ten o plan industrial da devandita empresa que se detalla no anexo II, na estructura socioeconómica da Comunidad Autonómica de Galicia, sendo esta circunstancia un dos motivos prioritarios para a autorización recollidos no artigo 7 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Do exposto extráese como consecuencia, que o plan solicitado non pode ser concedido na extensión requirida pola peticionaria, e en consecuencia, que se debe conceder á empresa Totalfina Eólica, S.A. autorización para realiza-las investigacións nas áreas relacionadas no anexo I.

Deste xeito, o plan eólico estratéxico pasa a constar de 3 áreas, sendo a potencia autorizada de 55 MW.

Oitavo.-No expediente instruido para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Aproba-lo plan eólico estratéxico PEE Totalfina Eólica referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, coa previsión de potencia de 55 MW.

A presente resolución leva consigo o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas devanditas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8

do Decreto 205/1995, do 6 de xullo. Nembargantes, o desenvolvemento dos parques eólicos derivados destas áreas compatibilizarase coa posible inclusión de parques eólicos singulares neles.

A aprobación do plan eólico estratéxico vincula á Administración e Totalfina Eólica, S.A. sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exerce-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do devandito Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico outórgase consonte as seguintes condicións:

Primeira.-Totalfina Eólica, S.A. comezará a execución do plan industrial no prazo de seis meses a partir da aprobación deste plan estratéxico, debendo executa-la dita formulación nas condicións sinaladas no anexo II desta resolución, agás imposibilidades técnicas ou causa de forza maior debidamente xustificada.

En calquera momento poderá a Administración solicita-la documentación que estime pertinente co obxecto de verifica-lo cumprimiento do establecido neste punto.

Segunda.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para o montaxe das instalacións será causa de resolución desta aprobación.

Nembargantes, se por alteración substancial das circunstancias ou por causas sobrevidas, non fose axeitado o mantemento dalgunha ou dalgunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico.

A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Terceira.-Totalfina Eólica, S.A. deberá presentar un informe trimestral á Consellería de Industria que conterá os seguintes puntos:

-Datos eólicos obtidos nas áreas de investigación.

-Inversións realizadas e previstas.

-Operacións realizadas con empresas galegas.

-Emprego xerado.

-Participación de entidades galegas.

-Totalfina Eólica, S.A., así mesmo, deberá remiti-los datos que se esixan na orde que desenvolva o sistema informático de captación e procesamento dos datos enerxéticos de Galicia (SICABDE), nos parámetros e forma en que veña determinado.

Cuarta.-A empresa Totalfina Eólica, S.A. participará na execución do plan industrial que teñan aprobados os tecnólogos seleccionados. En todo caso, a porcentaxe de compoñentes fabricados en Galicia será o comprometido polos tecnólogos. A selección dos tecnólogos deberá contar coa autorización da Dirección Xeral de Industria.

Quinta.-A empresa Totalfina Eólica, S.A. poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación logo de autorización da Dirección Xeral de Industria, subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Sexta.-O presente plan eólico apróbase sen prxuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer, recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ó abeiro do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001, DOG nº 250,

do 28 de decembro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería

de Industria e Comercio

ANEXO I

Relación de áreas do parque eólico estratéxico

ÁreaProvinciaConcellos Coordenadas

X Y

MonciroLugoMosteiro-Pol,1635.0004.772.500
Castroverde2635.0004.775.500
3631.0004.774.000
4632.0004.771.000
5632.0004.766.000
6637.0004.776.000

MedaLugoPol, Castroverde,1632.0004.771.000
Castro de Rei, Lugo2631.0004.774.000
3624.0004.774.000
4624.0004.766.000
5632.0004.766.000

MontoutoLugoGuitiriz1580.2504.789.000
A CoruñaAranga2583.0004.789.000
3583.0004.790.000
4589.0004.790.000
5589.1434.788.000
6587.0004.783.000
7581.0004.783.000

Potencia eólica estimada das áreas que se van estudiar: 55 MW.

ANEXO II

Documento de síntese

* Plan eólico estratéxico.

O plan eólico estratéxico terá unha duración ata o ano 2010 e suporá unha inversión global estimada de 64.637.017 euros.

* Plan de investigación eólica.

A empresa Totalfina Eólica, S.A. realizará a investigación de 3 áreas realizando un investimento total de 36.060 euros, acadando un investimento media de 12.020 euros/área.

Co obxecto de coordina-los resultados da investigación co resto de plans eólicos estratéxicos aprobados, a empresa Totalfina Eólica, S.A. usará como entidade colaboradora para a investigación ó Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

* Plan industrial.

A empresa Totalfina Eólica, S.A. a partir de Totalfinaelf Enerxías Renovables, colaborará no desenvolvemento da enerxía solar fotovoltaica dentro da Comunidade Autónoma galega, a dita colaboración concretarase na implantación de instalación industriais dedicadas á fabricación de compoñentes e sistemas para este tipo de enerxía, ou subdiariamente:

A empresa Totalfina Eólica, S.A. colaborará na implantación e desenvolvemento do Plan de Fomento da Enerxía Solar que executará a Consellería de Industria e Comercio a través do Inega.

As súas achegas realizaránse da seguinte forma:

-3.000 euros por MW achegaranse ó plan antes da finalización de 2003.

-Anualmente achegarase unha cantidade equivalente ó 0,5% da facturación dos parques eólicos que se poñan en funcionamiento no denvolvemento do plan.

Estas actuacións poderán ser substituídas por outras equivalentes relacionadas coa fabricación de paneis solares que realizará o promotor en instalacións radicadas na Comunidade Autónoma galega.