Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 31 de decembro de 2002 Páx. 18.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento da concesión de explotación denominada Couso número 2784.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que por resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 11 de novembro de 2002 se lle outorgou a Canteras Prebetong, S.L. a concesión de explotación denominada Couso número 2784 de tres cuadrículas mineiras para o recurso de areas, que se sitúa nos termos municipais de Ponteareas e O Porriño, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VérticesLonxitudeLatitude

18º 35' 00''42º 10' 20''

28º 34' 20''42º 10' 20''

38º 34' 20''42º 09' 40''

48º 34' 40''42º 09' 40''

58º 34' 40''42º 10' 00''

68º 35' 00''42º 10' 00''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 28 de novembro de 2002.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra