Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 31 de decembro de 2002 Páx. 18.116

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NOIA

EDICTO (67/2002).

Sagrario Campelle Seijo, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Noia e o seu partido, dou fe de que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 67/2002 se segue xuízo de separación conxugal, no cal se dictou a sentencia que contén o seguinte encabezamento e parte dispositiva:

«Sentencia:

En Noia o 21 de novembro de 2002.

Vistos por Pura Caaveiro Ameneiro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Noia e o seu partido os presentes autos de separación conxugal seguidos ante este xulgado, co número 67/2002 por instancia de Juana Martínez Casais, representada polo procurador Francisco José Gómez Castro e defendida polo letrado Ángel Mauro Pérez Vidal, contra Juan Manuel Mariño Martínez, actualmente en paradoiro descoñecido e en situación procesual de rebeldía, e concorrendo os seguintes antecedentes de feito e fundamentos xurídicos:

Decido que, estimando parcialmente a demanda de separación formulada por Juana Martínez Casais contra Juan Manuel Mariño Martínez, debo declarar e declaro a separación matrimonial de ámbolos cónxuxes, con tódolos efectos inherentes a ela, e acordo as medidas seguintes:

Primeira.-Decrétase a disolución do réxime económico matrimonial, a liquidación do cal poderá instarse conforme o previsto nos artigos 806 e seguintes da N.L.E.C.

Segunda.-Atribúese a Juana Martínez Casais o uso da vivenda familiar, sita no lugar de Carballosa nº 59, parroquia de San Pedro de Muro (Porto do Son), así como o enxoval familiar existente nela.

E todo isto sen que proceda realizar pronunciamento en materia de custas.

Así, por esta sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito e para que conste e sirva de notificación en forma ó demandado rebelde Juan Manuel Mariño Martínez, en paradoiro descoñecido, para os efectos que procedan, expido e asino este edicto en Noia o 21 de novembro de 2002.

A secretaria

Rubricado