Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 31 de decembro de 2002 Páx. 18.116

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (433/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 433/2002 por instancia de Manuel Picos Otero contra Confecciones de la Piel, S.C. sobre cantidade, nos que se dictou sentencia con data 20-11-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Manuel Picos Otero contra Confecciones de la Piel, S.C., debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe ó demandante a cantidade de 1.823,55 euros por tódolos conceptos reclamados en demanda. Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba ante este Xulgado do Social o comprobante de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5605, clave 60, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que se deberá facer consta-la responsabilidade solidaria do avalista; sen este

requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Débese consignar, ademais, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o comprobante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose o mesmo desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa Confecciones de la Piel, S.C., expido e asino esta cédula na Coruña o 21 de novembro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado