Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 31 de decembro de 2002 Páx. 18.109

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 353/2002, do 27 de decembro, polo que se ten por concluso o proceso segregador Cervo-Burela, coa aprobación do convenio que regula as obrigas das partes.

Por Decreto 368/1994, do 15 de decembro (DOG nº 241, do 16 de decembro), aprobouse a segregación de parte do termo municipal de Cervo, comprendido pola parroquia de Burela, para a constitución dun novo e independente concello chamado Burela.

Por orde da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, do 23 de xullo de 1997 (DOG nº 154, do 12 de agosto), dictáronse as disposicións necesarias para facilita-lo reparto de cargas entre os concellos de Cervo e Burela, resultantes do proceso segregador.

Xurdidas diverxencias nos criterios de interpretación e aplicación das prescricións establecidas na citada normativa, e co obxecto de pecha-lo proceso segregador, ó existir conformidade nas obrigas que se estipulan no convenio que se aproba polo Consello da Xunta de Galicia e os concellos interesados, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintesete de decembro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo único.-Tense por concluso o proceso segregador Cervo-Burela, coa aprobación do convenio que regula as obrigas das partes, e a renuncia das accións xudiciais dimanantes do dito proceso.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintesete de decembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e

Relacións Laborais