Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 31 de decembro de 2002 Páx. 18.110

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 28 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Gas Galicia SDG, S.A.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 238, do mércores, 11 de decembro de 2002, cómpre realiza-la oportuna corrección:

Na páxina 17.031, no «Artigo 29º.-Revisión salarial», onde di: «A cláusula de revisión, por desviación do IPC real con respecto ó previsto, operará no ano 2001 na forma seguinte:», debe dicir: «A cláusula de revisión, por desviación do IPC real con respecto ó previsto, operará nos anos 2002 e 2003 na forma seguinte:».